Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
As nosas compañeiras Raquel Arias, Elena Corujo e Esther Rodríguez Dono realizaron unha estadía dunha semana de duración en Izmit (Turquía) o pasado mes de setembro. A finalidade da viaxe consistía en realizar un job shadowing ou aprendizaxe por observación.
Nesta ocasión as profesoras tiveron ocasión de observar a docencia no Technical and Vocational High School of Izmit. Tamén aprenderon como se xestiona o centro, de grandísimas dimensións, e descubriron os lugares onde o alumnado realiza as prácticas dos títulos que ofrecen pois Izmit é unha cidade moi industrial.
As profesoras valoraron moi positivamente tanto o trato recibido como a xestión, as instalacións, as aprendizaxes realizadas e a ocasión de practicar o inglés, que foi a lingua vehicular en todo momento. Agardan que esta fose o primeiro contacto para a realización de intercambios virtuais e físicos entre o alumnado de ambos centros educativos.
As profesoras do noso Centro, Marisiol Rancaño, Mónica Jul é Ángeles Arias, veñen de realizar unha estadía en Noruega ao abeiro do proxecto ERASMUS 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242.
Durante a súa estadía do 20 ao 24 de maio de 2024 puideron visitar o Sykkylven Upper Secondary Scholl, onde se imparten ensinanzas de Formación Profesional nas áreas de Tecnoloxía eléctrica e informática, Automatización e Saúde, desenvolvemento infantil e xuvenil.
Ademais as profesoras visitaron a universidade de TNU en Alesun , onde coñeceron un proxecto de investigación en robótica e a empresa EKORNES, situada en Sikkykven.
Os profesores deste Centro Cristina Fernández Caloto, Isabel Rodríguez Mate e Luis López Melle realizaron unha estadía en Rostrenen (Francia) do 13 ao 17 de maio de 2024 ao abeiro dos programas ERAMUS 2023-1-ES01-KA131-HED-000115603 e 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242.
Durante a súa estadía de aprendizaxe por observación, visitaron as instalacións do Lycée Rosa Parks, e puideron comprobar a metodoloxía de traballo empregada nese centro con entrevistas con persoal de dirección, profesorado e alumnado.
O Lycée RosaParks é un instituto público de ensino profesional especializado nas áreas de Seguridade e Coidados ás persoas.
Coa realización desta actividade, o IES Gregorio Fernández continúa o seu proceso de internacionalización, a través do programa ERASMUS, que permite un intercambio de experiencias entre profesorado e alumnado de Centros europeos.
Dous alumnos de Formación Profesional do noso centro, un deles do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial e outro do Ciclo Medio de Mantemento Electrónico, están a realizar as prácticas educativas nunha empresa de Alemaña a través do Programa Erasmus+, opción á que pode acollerse o noso alumnado de ciclos, pois contamos coa Carta Eche, outorgada pola Comisión Europea ata o ano 2027. Máis información no artigo de prensa do Progreso: Dous alumnos do instituto Gregorio Fernández realizan prácticas nunha empresa en Alemaña.
O luns 13 de novembro, o alumnado dos ciclos superiores do noso centro tiveron unha sesión informativa sobre a posibilidade de poder realizar a formación en centros de traballo nunha empresa da Unión Europea dentro do programa Erasmus+. Tamén contaron coa presenza dun ex-alumno, que no curso pasado estivo nunha empresa alemana, quen lles dixo que a súa experiencia fora moi enriquecedora e animounos a inscribirse neste programa.
Tres profesores/as do noso instituto, Cristina Fernández, Isabel Rodríguez Mate e Luis Melle, participaron nunha estadía na Bretaña, ao abeiro do proxecto ERASMUS 2022-2ES01-KA122-ADU-000093680.
Durante cinco días puideron coñecer o sistema francés de ensinanza de adultos, dirixido fundamentalmente á orientación e inserción profesional das persoas adultas.
Visitaron os institutos de Pontivy e Loudeac, onde se imparten ensinanzas de formación profesional similares ás do noso centro e intercambiaron experiencias tanto co profesorado como co alumnado de FP.
Ademais coñeceron o organismo encargado da xestión da ensinanza de adultos GRETA, observaron o seu funcionamento e descubriron estratexias que se poden implementar na ensinanza de adultos do noso centro.
Con esta estadía continúa o proceso de internacionalización do noso Centro, que permite que tanto alumnado como profesorado poidan compartir experiencias con membros das comunidades educativas doutros países europeos grazas aos programas ERASMUS.
O noso alumno do CS de Mecatrónica Industrial, Manuel Argiz, está a realizar as prácticas do ciclo nunha empresa en Alemania, dentro do programa Erasmus+. Serán tres meses formándose e adquirindo experiencia na propia empresa. Máis información no Progreso Un alumno del IES Gregorio Fernández
As profesoras Elena Corujo Pereiro e Esther Rodríguez Dono participaron nunha mobilidade enmarcada dentro do Proxecto 2021-1-ESO1- KA131-HED-000010538 de ERASMUS no INETE (Instituto de Educação Técnica) de Lisboa. Esta experiencia foi satisfactoria como docentes porque lles aportou outra visión de impartir docencia así como a posibilidade de traballar conxuntamente en futuros proxectos.
Na súa estadía ademais de participar o primeiro día nunha xornada de acollida e visita das instalacións do centro, mantiveron un encontro coa directora e as responsables de ERASMUS do INETE e un grupo de profesoras noruegas que tamén estaban participando nesta estadía. O resto dos días participaron en distintas clases impartidas polos compañeiros portugueses para comprobar como organizan e imparten docencia; en concreto, na materia de Contabilidade compararon e analizaron as diferencias nos Plans Contables e demais lexislacións mercantís dos dous países. Tamén mantiveron reunión co responsable do departamento de orientación xunto cos psicólogos clínico e vocacional, que forman parte do departamento.
Froito desta estadía hai un compromiso por ambas partes de colaborar en buscar empresas no contorno de Sarria para o alumnado portugués, así como colocar o noso alumnado en empresas portuguesas para facer prácticas.
Tamén está previsto participar conxuntamente en máis proxectos internacionais dentro do ERASMUS.