Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CICLO SUPERIOR DE SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS
|
||
¿Que título se obtén? |
Técnico superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos | |
Duración |
2.000 horas |
|
¿Que se aprende a facer? | Desenvolver proxectos, así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de produción audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación medioambiental. | |
¿En que ámbitos se traballa? | Empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, a integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, como persoal desenvolvedor de proxectos, integrador de sistemas e supervisor da montaxe e mantemento das instalacións e infraestruturas, tanto por conta propia como por conta allea. | |
¿Que ocupacións se desempeñan? |
- Axudante de proxectista, supervisor/ora da montaxe en instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios. - Especialista en integración, instalación e mantemento de equipamentos e sistemas informáticos e de sistemas de telecomunicación. - Xefe/a de obra en instalacións de telecomunicacións. |
- Técnico/a en verificación e control de equipamentos e instalacións de telecomunicacións, en supervisión, instalación, verificación e control de equipamentos de sistemas de radio e televisión en estudios de produción e sistemas de produción audiovisual, en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de radiodifusión, en sistemas de seguridad electrónica e circuítos pechados de televisión, en redes locais e sistemas telemáticos, en sistemas de radioenlaces. |
¿Cales son os módulos deste ciclo? |
1º CURSO: - Configuración de estruturas de sistemas de telecomunicacións - Elementos de sistemas de telecomunicacións - Sistemas informáticos e redes locais - Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións - Formación e orientación laboral - Sistemas de telefonía fixa e móbil |
2º CURSO: - Sistemas de produción audiovisual - Redes telemáticas - Sistemas de radiocomunicacións - Sistemas integrados e fogar dixital - Proxecto de sistemas de telecomunicacións e informáticos - Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións - Empresa e iniciativa emprendedora - Formación en centros de traballo |
¿A que outros estudos se pode acceder? |
Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior. Acceso directo a calquera ensinanza universitaria de grao. |
Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura. |