Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Semana das Letras Galegas

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, organizamos no noso centro unha serie de actividades moi variadas, nas que puido participar toda a nosa comunidade educativa, con diferentes actos que se foron desenvolvendo ao longo destes días:

  • Correlingua
  • Exposición de libros e carteis
  • Mostra de letras e violino doces
  • Concurso Rosco arredor de Luísa Villalta
  • Contacontos a cargo do voluntariado da nosa biblioteca, unha adaptación do conto Violino, Inglesa e o libro xigante dirixido ao público infantil dos colexios públicos de Sarria (Escola Xela Arias e o Colexio Frei Luis de Granada).
  • Saída ao Camiño de Santiago do alumnado de ciclos para espallar versos, verbas e xestas entre os peregrinos, agasallándoos cunha postal de Luísa Villalta e cun ramillo de xesta, flor típica da nosa terra. 

Tedes máis información e fotos das actividades no Instragam da Biblioteca e no blog da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño: Contacontos Luisa Villalta, Rosco Luísa Villalta e Espallando versos, verbas e xestas no Camiño.