Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.

Día da poesía Eduardo Rey Moure

O 21 de marzo celebramos na Praza da Vila de Sarria o Día da poesía Eduardo Rey Moure adicado á amizade, con moito sentimento e con moita poesía. Foi unha edición moi especial para o noso centro, porque a partir de agora vai levar o nome do que foi o impulsor desta iniciativa, o noso grande compañeiro Eduardo, quen durante moitos anos foi compañeiro e amigo de todos nós. Fomos 13 centros da comarca de Sarria os que participamos nesta xornada, na que compartimos poemas que versan sobre a amizade de moi diferentes autores. O acto estivo dirixido por Xurxo Souto, amigo e excompañeiro do IES Gregorio Fernández, o noso centro foi o organizador deste acto e contamos coa colaboración do Concello de Sarria. Animávosvos a ler a noticia no Progreso Versos de amizade na honra de Eduardo Rey Moure. Tedes máis fotos e vídeos no Instagram da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e no seguinte álbum Día da poesía 2024.

foto dia poesia