OFERTA FORMATIVA : Resumo do Currículo C.S Administración e Finanzas
Enviado por d.administrativo o Dom, 17/09/2023 - 20:26
SADG01 | DECRETO 206/2012, do 4 de outubro Real Decreto 1584/2011, de 4 de noviembre |
|||||
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS | ||||||
Familia Profesional | Administración e Xestión | |||||
Título | Técnico superior en Administración e finanzas | |||||
Referente europeo | CINE – 5b (Clasificación internacional normalizada da educación) | |||||
Duración | 2000 HORAS | |||||
Acceso | Debes cumprir algún dos seguintes requisitos: Ter algún dos seguintes títulos: • Título de Bacharel, ou dun certificado acreditativo de superar todas as materias do Bacharelato. • Título de Técnico/a (Formación Profesional de Grao Medio). • Título de Técnico/a Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos. • Técnico ou Técnica de Artes Plásticas e Deseño (artigo 53.1 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro). • Titulación Universitaria ou equivalente. Superar: • 3º de BUP (Bacharelato Unificado Polivalente): Acreditación mediante certificación académica de superar todas as materias conducentes á obtención do título de Bacharel regulado pola Lei 14/1970, do 4 de agosto, Xeneral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, tras a finalización do terceiro curso dos devanditas ensinos. Orde EFP/1210/2021, de 2 de novembro pola que se establece a equivalencia, para os efectos de acceso a ensinos de formación profesional, de determinados estudos e títulos anteriores ao actual sistema educativo. • 2º curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental. • COU; Curso de Orientación Universitaria. • Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior (requírese ter polo menos 19 anos no ano que se realiza a proba ou 18 para quen posúe o título de Técnico/a). • Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder a FP). |
|||||
PERFIL PROFESIONAL | ||||||
Competencia Xeral | A competencia xeral deste título consiste en organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa vixente e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou das persoas usuarias, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental | |||||
Postos de Traballo | Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administración pública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela. | |||||
PLAN DE ESTUDOS | ||||||
CURSO/ MÓDULOS |
CÓDIGO | MÓDULO | HORAS/SEMANA | HORAS | HORAS CURSO | |
1º |
MP0651 | Comunicación e atención á clientela | 6 | 160 | 960 | |
MP0658 | Formación e orientación laboral | 4 | 107 | |||
MP0179 | Inglés | 6 | 160 | |||
MP0649 | Ofimática e proceso da información | 9 | 240 | |||
MP0650 | Proceso integral da actividade comercial | 5 | 133 | |||
MP0648 | Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 3 | 80 | |||
MP0647 | Xestión da documentación xurídica e empresarial | 3 | 80 | |||
2º |
MP0654 | Contabilidade e fiscalidade | 9 | 157 | 1040 | |
MP0660 | Formación en centros de traballo | 384 | ||||
MP0657 | Proxecto de administración e finanzas | 26 | ||||
MP0656 | Simulación empresarial | 8 | 140 | |||
MP0652 | Xestión de recursos humanos | 6 | 105 | |||
MP0653 | Xestión financeira | 7 | 123 | |||
MP0655 | Xestión loxística e comercial | 6 | 105 | |||
Titulación | Título de Técnico superior en Administración e finanzas | |||||
Acceso Estudios | Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo. | |||||
Máis información | Currículo do ciclo formativo correspondente ao título de técnico superior en administración e finanzas | |||||
Normativa |
»