Saltar navegación.
Inicio

Resumo do Currículo FP CM Xestión administrativa

 

MADG01   Decreto 191/2010, do 28 de outubro
Real Decreto 1126/2010, do 10 de setembro

    XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Familia Profesional Administración e Xestión
Título Técnico en Xestión Administrativa
Referente europeo CINE–3 (Clasificación Internacional Normalizada de la Educación)
Duración 2000 HORAS
Acceso Debes cumprir algún dos seguintes requisitos: Ter algún dos seguintes títulos:
•Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
•Título Profesional Básico (Formación Profesional de Grado Básico).
•Título de Técnico/a ou de Técnico/a Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
Superar:
•2º curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
•Proba de acceso a ciclos formativos de grado medio (requirirase ter, ao menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).
•Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder a FP).
  PERFIL PROFESIONAL
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
Postos de Traballo Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.
  PLAN DE ESTUDOS
CURSO/
MÓDULOS
CÓDIGO MÓDULO HORAS/SEMANA HORAS HORAS CURSO

MP0449 Formación e orientación laboral 4 107 960
MP0156 Inglés 6 160
MP0438 Operacións administrativas de compravenda 5 133
MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 6 160
MP0441 Técnica contable 5 133
MP0440 Tratamento informático da información 10 267

MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela 7 123 1040
MP0439 Empresa e administración 7 123
MP0446 Empresa na aula 9 156
MP0451 Formación en centros de traballo   410
MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos 7 123
MP0443 Tratamento da documentación contable 6 105
Titulación Título de Técnico en Xestión administrativa.
Acceso Estudios Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
Máis información Currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en xestión administrativa        
Normativa