Skip to Content

Un alumno do IES de Foz, prata no XXIII Campionato Internacional de Pizza Picante de Italia

          

O alumno de 2º de Cociña no IES de Foz, Eloi Tre Polo, vén de gañar o trofeo de prata no XXIII Campionato Internacional de Pizza Picante celebrado en Scalea, Calabria (Italia). É a segunda vez que o IES de Foz participa neste concurso organizado polo Movimento Pizzaioli Italiani, a maior asociación de pizzeros de toda Italia que forma aos mellores pizzeros do mundo.

O alumno estivo acompañado da súa profesora de pastelería, Conchi Carreiras, coa que preparou unha pizza ao aroma de pemento de Padrón e queixo Tetilla.

Esta mobilidade está encadrada dentro do programa Erasmus+, que dotou ao IES de Foz con 24656 euros. Grazas a Erasmus+, o alumnado de ciclos formativos de grao medio pode participar en concursos relacionados coa FP en Europa, unha oportunidade única para aprender, prepararse e coñecer outras gastronomías.



blog | by Dr. Radut