Skip to Content

Mobilidades

Mobilidades

Un alumno do IES de Foz, prata no XXIII Campionato Internacional de Pizza Picante de Italia

          

O alumno de 2º de Cociña no IES de Foz, Eloi Tre Polo, vén de gañar o trofeo de prata no XXIII Campionato Internacional de Pizza Picante celebrado en Scalea, Calabria (Italia). É a segunda vez que o IES de Foz participa neste concurso organizado polo Movimento Pizzaioli Italiani, a maior asociación de pizzeros de toda Italia que forma aos mellores pizzeros do mundo.

O alumno estivo acompañado da súa profesora de pastelería, Conchi Carreiras, coa que preparou unha pizza ao aroma de pemento de Padrón e queixo Tetilla.

Esta mobilidade está encadrada dentro do programa Erasmus+, que dotou ao IES de Foz con 24656 euros. Grazas a Erasmus+, o alumnado de ciclos formativos de grao medio pode participar en concursos relacionados coa FP en Europa, unha oportunidade única para aprender, prepararse e coñecer outras gastronomías.

O exalumno Javier Carreño realiza prácticas de Restauración en Italia

O alumno do IES de Foz Javier Carreño Sánchez, que rematou o Ciclo Medio de Servizos de Restauración o pasado mes de xuño, desfruta dunha beca Erasmus+ en Italia esta tempada.

Dende o 26 de setembro, Javier traballa no restaurante 'Al Becco della Civetta' da nosa socia, Maria Antonietta Santoro, en Castelmezzano, Basilicata, no sur de Italia.

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ que dotou ao IES de Foz con 24.656 euros para mobilidades de ciclos formativos de grao medio e básico.

          

Distribuir contido


by Dr. Radut