Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Igualdade nos VI Encontros de Centros por unha convivencia positiva

O IES Plurilingüe Fontexería organizou este curso os VI Encontros de Centros por unha Convivencia positiva, aos que asistiron 130 persoas de 20 centros educativos de toda Galiza. Como non podía ser doutro xeito, démoslle un papel central á perspectiva de xénero nas actividades desenvolvidas co alumnado, as familias e o profesorado, contando coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, as áreas de Igualdade da deputación da Coruña e do concello de Muros. No marco dos encontros,organizamos as seguintes charlas e obradoiros directamente relacionados coa igualdade entre homes e mulleres :

- "Puberdade e adolescencia: roles familiares dende a perspectiva de xénero", a cargo de Rocío García Castro e sendo as familias as destinatarias da charla.

- "Obradoiro de novas masculinidades" a cargo de Ramón Torrente, destinado aos alumnos varóns.

-"As relacións de poder nas aulas desde a perspectiva de xénero", a cargo de María Fidalgo e Mar Cendón, obradoiro destinado ás alumnas participantes nos encontros.

Dentro do "Espazo Aberto: experiencias educativas en convivencia e igualdade", desde o noso centro presentamos o proxecto coeducativo desenvolvido nos últimos anos.Non nos sorprendería que destes encontros xurdan dinámicas de cooperación en igualdade alén dos encontros que vimos realizando de xeito anual!

 

familias1.jpg
R3.jpg
R2.jpg
R5.jpg
R7.jpg
RNM4.jpg
Rigualdade.jpg


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut