Enquisa sobre prexuízos
O Departamento de Orientación, a Dinamización de Igualdade e o ENDL elaboraron unha enquisa sobre prexuízos entre o alumnado. As enquisas foron cubertas nas titorías, baixo a coordinación do Departamento de Orientación. O alumnado de terceiro de ESO realizou a análise estatística dentro da materia de matemáticas, realizando os diagramas de barras que presentamos nos arquivos adxuntos. AS 53 preguntas da enquisa están divididas nos seguintes bloques temáticos:
- Preguntas 1 - 13: Discriminación por razóns culturais, étnicas e de procedencia
- Preguntas 14 - 17: Prexuízos linguísticos
- Preguntas 18 - 26: Discriminación ás mulleres
- Preguntas 27 - 38: Discriminación por orientación sexual
- Preguntas 39 - 45: Discriminación por razóns socioeconómicas, laborais, estéticas,…
- Preguntas 46 - 53: Discriminación por razóns de discapacidade