Enlace

Enlace, hipertexto, hiperenlaces ou link que permite a navegación entre páxinas web. O funcionamento da Web baséase no uso do hipertexto.

Os enlaces aparecen xeralmente nunha cor azul e subliñados, ademais recoñécense porque ao pasar o punteiro do rato por un deles, este se converte nunha man cun dedo apuntando.

Calquera elemento dunha páxina (texto, imaxe, animación, etc...) pode constituír un enlace.

Desta forma, os documentos enlazados mediante hiperenlaces constitúen unha grande arañeira de información. A este conxunto de información distribuída por ordenadores repartidos por todo o mundo denomínaselle World Wide Web, tamén coñecida como web ou o ciberespacio.

» Termos sobre a web 2.0