Termos sobre a web 2.0
Web 2.0 é unha forma de entender Internet que, coa axuda de novas
ferramentas e tecnoloxías, promove que a información dependa das persoas que acceden a ela, permitíndo un acceso moito máis doado aos contidos e, ademais a propia participación tanto na clasificación destes contidos como na súa construción, mediante ferramentas cada vez máis doadas e intuitivas de usar.
Características da web 2.0:
- Dinámica
- Participativa
- Colaborativa
- O software é un servizo non un produto: non é necesaria a instalación de software no ordenador.
- A etiqueta (ou tag) como idea clave.
- Sitios doados, usables e áxiles para localizar a información.
Estes son algúns dos termos sobre a web 2.0 que debemos coñecer.
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
---|
Agregador RSSWeb ou software para ler arquivos RSS. Vídeo explicativo: | |
ArtigoDocumento recollido nunha bitácora. Chámase tamén post ou entry. | |
B |
---|
BitácoraVer Blog. | |
BloggerO blogger ou bloguero é o autr dun blog. | |
BookmarkVer Favoritos. | |
E |
---|
edublogBlog dedicado á educación. | |
EnlaceEnlace, hipertexto, hiperenlaces ou link que permite a navegación entre páxinas web. O funcionamento da Web baséase no uso do hipertexto. Os enlaces aparecen xeralmente nunha cor azul e subliñados, ademais recoñécense porque ao pasar o punteiro do rato por un deles, este se converte nunha man cun dedo apuntando. Calquera elemento dunha páxina (texto, imaxe, animación, etc...) pode constituír un enlace. Desta forma, os documentos enlazados mediante hiperenlaces constitúen unha grande arañeira de información. A este conxunto de información distribuída por ordenadores repartidos por todo o mundo denomínaselle World Wide Web, tamén coñecida como web ou o ciberespacio. | |
EtiquetaPalabra clave asociada a un contido e que permite a súa catalogación. | |
F |
---|
FavoritosEnlaces a páxinas web que se gardan no noso navegador, así non temos a necesidade de aprender o nome de cada sitio Web que visitamos e que nos gusta. Chámanse tamén marcadores ou bookmark. | |