Skip to Content

Animación á lectura

CONTACONTOS EN INGLÉS E GALEGO

Na tarde do 16 de xaneiro, estiveron na biblioteca Tim Bowley e Charo Pita, para contarlles aos rapaces de 4º da ESO e 1º de Bacharelato contos de todo o mundo en inglés e galego.

CHARLA "AS SIMPLIFICACIÓNS SOBRE A LINGUA GALEGA" A CARGO DE M. NÚÑEZ SINGALA

Manuel Núñez Singala estivo cos alumnos de 3º da ESO (grupos B, C e D) e de 4º da ESO (grupos B e C) para falarlles das simplificacións e estereotipos que existen sobre a lingua galega.

LIBROFÓRUM CON CONCHI REGUEIRO-"A HERDANZA DO MARQUÉS"

Entre as 10:30 e as 12:10 do 16 de xaneiro, tivemos no noso centro a Conchi Regueiro, que falou cos rapaces de 2º da ESO sobre o seu libro "A herdanza do marqués". Esta actividade foi organizada polo departamento de Galego.

CONCURSO DE LECTURA, RECITADO E CONTACONTOS DE TEXTOS DE CUNQUEIRO-ENTREGA DE PREMIOS

O 11 de xaneiro na Biblioteca, durante o 2º recreo, farase a entrega de premios aos gañadores do concurso de lectura en alto, recitado e contacontos de textos de Álvaro Cunqueiro. Asimesmo proxectarase o anaco do programa da TVG "A revista" no que sae esta actividade.

EXPOSICIÓN MULLERES E MATEMÁTICAS

Desde o mes de xaneiro, temos expostos no corredor da planta baixa do edificio anexo os traballos realizados polos alumnos do profesor Lobato sobre a aportación das mulleres ao campo das matemáticas.

LIBROFÓRUM CON ABRAHAM CARREIRO

O día 20 de decembro o escritor e ilustrador Abraham Carreiro veu ao noso centro para falar do seu libro Xoeliki cos rapaces de 1º da ESO.

SAÍMOS NA TELE!

Ao responsables do programa "A Revista" da RTVG gustoulles tanto o noso concurso de lectura en alto, recitado e contacontos de textos de Cunqueiro que solicitaron vir ao instituto para poder gravalo e retransmitilo pola tele. O día 20 de decembro a biblioteca converteuse nun plató e os noso alumnos en estrelas televisivas!

SEMANA DO COMERCIO XUSTO

Como xa ven sendo habitual, na semana anterior ás vacacións de Nadal celebramos a Semana do Comercio Xusto coa colaboración da Asociación Panxea de Santiago de Compostela. Os nosos alumnos coñeceron outras formas de consumo e de produción a través dunha serie de actividades:

- Posto de venda de produtos de comercio xusto de distinto tipo: alimentos, agasallos, libros, etc, xestionado polos alumnos.

- Exposición de carteis sobre a produción e comercialización do café na entrada do centro.

- Obradoiros acerca do comercio xusto, o consumo responsable e o aforro enerxético a cargo de membros da Asociación Panxea para os alumnos de 4º da ESO.

DÍA DA SIDA

Co gallo do día da SIDA, lembramos aos escritores e artistas que sufriron esta enfermidade cunha pequena exposición.

CULTURAL TALK-NEW ZEALAND & AUSTRALIA

O día 24 de novembro recibimos de novo no noso IES a Robin Walker que nos descubriu Nova Zelandia e Australia, dous países que están nas nosas antípodas xeográficas. Foi unha charla organizada polo departamento de Inglés á que asistiron os alumnos de 4º da ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut