Skip to Content

Animación á lectura

CONTACONTOS CON CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Celso Fernández Sanmartín leva xa tempo recollendo historias dos nosos maiores para ofrecernos contos baseados no mundo tradicional das nosas vilas e aldeas e relatados con toda a riqueza oral da nosa lingua. O martes 29 de maio, os rapaces de 1º e 2º da ESO e de PCPI tiveron ocasión de desfrutalas, nunha actividade organizada polo EDLG.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

CONFERENCIA DE X. L. BARREIRO RIVAS

 

No marco do ciclo de actividades organizadas polo EDLG "En galego en tódolos ámbitos", o 14 de maio o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato B e C e 2º Bacharelato A e B asistiron á conferencia "Política e economía nas sociedades avanzadas: por que estamos na crise e como sair dela", a cargo de X. L. Barreiro Rivas. Trala charla houbo un pequeno coloquio no que profesores e alumnos intercambiaron os seus puntos de vista co conferenciante.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

TERRAS DE ACOLÁ

Un ano máis os rapaces de 3º da ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio con Luis Menéndez, creador da serie documental "Terras de Acolá", sobre as terras da Lusofonía. Esta actividade completouse cunha exposición sobre estes países, no corredor de entrada ao instituto.

Artigo sobre Luis Menéndez no blog do EDLG Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article934

Imaxes da charla:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?album=100

Imaxes da exposción: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

CONTACONTOS EN PORTUGUÉS CON CARLOS MARQUÉS

O alumnado de 4º da ESO e de Portugués desfrutaron coa visita do contador de historias Carlos Marqués, que actuou no noso Salón de Actos o día 27 de marzo, nunha actividade organizada polo Dpto. de Galego e de Portugués.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS

Co gallo da clebración do Día das Mulleres Traballadoras, a biblioteca do noso instituto acolleu dúas actividades destinadas a derrubar os estereotipos de xénero, contribuíndo a crear unha sociedade máis xusta e solidaria:

  • Representación teatral na biblioteca a cargo das seguintes actrices do grupo de teatro do noso centro: Elisabeth Lajos Seaje, Maite Sobradelo Sánchez, Alejandra Picón Romero, Yaiza Otero Figueira, Ángela Hermida Figueira, Laura Losada Miguéns. Imaxes.
  • Concurso entre o alumnado: escolle á túa muller. Bases.

REPRESENTACIÓN TEATRAL: "CACHAI"

O día 2 de marzo puidemos desfrutar da representación da obra de teatro "Cachai", un espectáculo que xa se escenificou en diversos centros de ensino de España e Chile. Coordinada polo filósofo Manuel Cruz e Pepé de Jiménez, Cachai chama á reflexión sobre os valores cívicos e a responsabilidade social a partir dun relato contextualizado na ditadura chilena. Os alumnos de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e PCPI participaron como espectadores pero tamén de forma activa no coloquio posterior co director do espectáculo.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

E MOIRO-ME D'AMOR...

Durante os meses de marzo e abril, puxemos uns poemas a secar ou a que lles dé a chuvia ou o vento, segundo o parte metereolóxico. Buscamos celebrar o amor e a paixón tal e como foron expresados por diferentes autores en linguas diversas. Non sería estrano que algún decidise servirse desta material para agasallar á persoa amada...

Fotos: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

LIBRO FORUM CON BELÉN ORO "POMELO Y LIMÓN"

O día 28 de febreiro, a escritora Belén Oro visitou o noso centro para conversar co alumnado de 3º da ESO sobre a súa obra "Pomelo y limón". Esta foi unha actividade organizada polo Dpto. de Lingua e Literatura Españolas.

DÍA DA PAZ

Con motivo do Día da paz, tiveron lugar toda unha serie de actividades no noso centro:

- O alumnado do Ciclo de ATSO realizou un mural que colgaron no corredor de entrada do instituto e asistiu a unha proxección de materiais audiovisuais sobre a non violencia.

- O alumnado de Ética de 4º da ESO decorou o corredor de entrada do centro cos murais que fixeron sobre os premios Nóbel da Paz.

- O alumnado de Matemáticas do 1º Ciclo da ESO traballou o tema da paz e expuxo os seus traballos no corredor da planta baixa do edificio anexo.

VIDEOCONFERENCIA CO COLEXIO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

O alumnado pertencente ao EDLG conversou a través dunha videoconferencia cos rapaces do centro educativo Cañada Blanch en Londres, comprobando que o galego tamén serve para comunicarse nas illas Británicas. Esta actividade foi froito da colaboración entre o noso equipo de EDLG e Xaime Varela, profesor de galego no centro londinense e autor do blogue Fala Londres, onde poderedes atopar moitas das actividades que realiza cos seus alumnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut