O pasado 15 de marzo celebrouse o Día mundial do consumo responsable e no IES Faro das Lúas quixemos sumarnos ás actividades conmemorativas cunha iniciativa que fomenta a economía solidaria e ecolóxica: Un mercado do troco.
O alumnado intercambiou todo tipo de obxectos, como libros, películas, xogos ou xoguetes, dándolles así unha segunda vida e fomentando a economía circular.
Asimesmo, o alumnado de 1º ESO elaborou unhas infografías sobre o consumo responsable.
As imaxes e vídeos desta actividade podedes velas ao premer
Este martes 2 de maio o alumnado de 1º ESO, acompañados polas súas profesoras Raquel Fernández Parada e Elena Refojo Alvariño, realizou unha saída a Santiago de Compostela. Alí, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de ver a película "O principiño"na sala Númax e de visitar a catedral e o Museo do pobo galego. Ademais, houbo tempo para facer unha parada en Padrón e coñecer a Casa de Rosalía de Castro. Podedes ver o álbum con todas as fotos da xornada ao premer na imaxe.
O CFR de Pontevedra organiza este venres 6 de maio ás 20:00 horas unha interesante charla titulada Educar no uso de internet e das TICS, impartida pola experta Patricia Gómez e que poderedes seguir por streaming. Deixámosvos aquí o cartel coa información.
Durante os pasados meses, o alumnado voluntario para ser mediador estivo formándose baixo a guía da psicóloga Jeniffer Herbón. Xunto coas dinámicas de titoría entre iguais, a mediación é un eixe fundamental da convivencia no noso centro.
Trasladamos información sobre unha actividade organizada polo IES A Basella que pode ser de interese para familias do alumnado que cursa 4º ESO: O martes 3 de maio, ás 18:30, Dª Carlota Sánchez Puga, coordinadora da área de educación de AFundación e profesora universitaria da área de finanzas o IESIDE, dará unha charla para alumnado e familias sobre as tendencias do mercado de traballo. É unha actividade moi interesante sobre todo para alumnado de bacharelato e 4º da ESO e para familias con fillos próximos a ditos cursos, xa que entre outras cousas exporá cales son os principais cambios tecnolóxicos, económicos e sociais que están ocurrindo na nosa sociedade, os retos aos que os nosos alumnos se enfrontarán e as oportunidades que van xerar no mundo laboral.