A Xunta pon en marcha o novo programa de estadías lingüísticas "Spring Week" con 1225 prazas para todos niveis da ESO.
O obxectivo é estimular a práctica oral en lingua inglesa, co apoio de profesorado nativo, e fomentar a convivencia.
O programa desenvolverase na primavera, do 16 de abril ao 17 de xuño nun centro residencial en Galicia, en réxime de internado de domingo a sábado (as estancias son de 6 días)
Os centros poderán solicitar participar na iniciaitiva ata o 17 de outubro
Trátase dunha das accións previstas na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030
Informamos ás familias que mañá, día 20 de setembro as 18:30 h, terá lugar a reunión de comezo de curso entre familias e titores/as dos grupos de alumnos/as do centro.
Unha vez que accedan ao centro, terán que dirixirse á aula de referencia dos seus fillos/fillas onde estarán esperando os titores/as.
INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE O COMEZO DE CURSO TERÁ LUGAR O XOVES 8 DE SETEMBRO EN HORARIO DE 09:00H A 14:30H. O SERVIZO DE TRANSPORTE FUNCIONARÁ TAMÉN NO SEU HORARIO HABITUAL.
A partirdo luns 5 de setembro xa podedes pasar pola administración do centro para retirar os vales do material escolar, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
No vindeiro curso o noso centro continuará co programa Edixgal en 1º e 2º ESO e nalgunhas materias concretas de 3º e 4º ESO indicadas nas listaxes publicadas.
Rogamos ás familias do alumnado de 3º e 4º que NON compren libros de texto agora e esperen a instrucións en setembro xa que o centro intentará empregar o fondo de libros co que xa conta.
Poden consultar as listaxes nos ficheiros adxuntos.