Skip to Content

Curso 2016-17

Día de Rosalía

Poema que Curros adicou a Rosalía

Visita ao Museo Liste do alumnado de 1º de ESO

  O pasado 16 de febreiro o alumnado de 1º de ESO visitou o Museo Liste, unha actividade organizada polo Departamento de Normalización Lingüística. No seguinte enlace poden verse as fotos desta actividade.

Herbarios de 1º ESO

 

Neste mes de febreiro tamén fixemos unha exposición de herbarios confeccionados polo alumnado de Ciencias de 1º de ESO. E aquí se pode ver o grao de elaboración e acabado dos traballos.

V Torneo de Xadrez

  Dende principios deste mes de febreiro desénvolvese no noso IES a V edición do torneo de Xadrez durante os segundos recreos. Unha actuación máis para fomentar estilos de vida saudable e traballar a educación para o ocio no contexto dunha educación integral que propiciamos no centro.

Proval contra as violencias machistas

 

  Unha vez máis todo Proval fixo visible o seu rexeitamento ás violencias machistas. Foi o venres 25 de novembro nun emotivo acto que se viu complementado cunha exposición de láminas coas que se buscou sensibilizarnos ante esta grave problemática.

  Preme na foto para ver máis imaxes deste evento e das láminas elaboradas e colocadas no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut