Equipo directivo

Horarios

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA


 

 EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA

 

Hora de atención a nais e pais

 

ADDENDA ÁS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO (ALUMNADO E FAMILIAS)

1.- Instrucións xerais: 

a) Non poderá acceder ao centro ningunha persoa que presente síntomas compatibles con COVID-19, estea en corentena ou en illamento por ser positivo de COVID. 

Comezo de curso

PRESENTACIÓNS 

As presentacións das distintas etapas e cursos do instituto quedan organizadas do seguinte xeito:

Calendario exames de setembro

 

Libros de texto 2021/22

Podedes consultar a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso académico 2021/22 no seguinte arquivo: 

Último día de clases: actuación Bruno Villamor

E para rematar este ano tan especial, o último de clases, contamos co músico Bruno Villamor Gay, de raíces palenses, que nos interpretou unha serie de pezas acompañado doutros músicos.

 

Bo verán a todas e todos!! Vémonos en setembro! 


Podedes ver as fotos no seguinte enlace:

 

Premio concurso entroido 2020

O alumnado de 3 da ESO, gañador, o curso pasado, do concurso do entroido recibiu o último día de clase o seu premio: chocolatada!!!

Parabéns!!!!

Agora a gozar do verán e das vacacións!!


 

Despedida Correspondentes Xuvenís 3.0

Este xoves 17 de xuño puxemos fin ao noso programa de Correspondentes Xuvenís 3.0 en Radio Palas FM.  Semana tras semana, o alumnado de 4º da ESO informaba sobre aquelas novas que lle parecían máis relevantes e de maior importancia para os seus oíntes.

 

Queremos agradecer a Paula, Alba, Ismael, Roi, Tito, Nerea García, Silvia e Nerea Gómez o seu compromiso con este proxecto, as ganas que lle puxeron e o traballo que realizaron ao longo deste curso académico, nun ano tan especial coma este. 

 

E non queremos despedirnos sen darlle as grazas a Vanessa, responsable de Radio Palas, por darnos un espazo radiofónico no que poder desenvolver o noso programa. 

 

Agardamos poder continuar o vindeiro curso académico con esta experiencia formativa que contribúe ao desenvolvemento integral do noso alumnado. 

 

Ata pronto!!

Acollida ás familias de 6º EP

O xoves 17 de xuño tivemos a sesión de acollida coas familias do alumnado que se incorporará a 1 de ESO o vindeiro curso. 

 

Grazas pola vosa presenza, participación e boa resposta a esta proposta.

 

Ano tras ano, a comunidade educativa do IES do Camiño segue crecendo, benvidas e benvidos!!

 

 

Distribuir contido