ADDENDA ÁS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO (ALUMNADO E FAMILIAS)

1.- Instrucións xerais: 

a) Non poderá acceder ao centro ningunha persoa que presente síntomas compatibles con COVID-19, estea en corentena ou en illamento por ser positivo de COVID. 

b) Se tivese o alumno/a algún dos síntomas, non acudirá ao centro e solicitarán consulta ao pediatra ou médico seu e comunicarán a ausencia ao instituto.

c )Uso obrigatorio da máscara en todo momento. O alumnado levará unha segunda máscara de recambio e unha funda para gardala. O incumprimento do uso da máscara terá a consideración de conduta leve contraria ás normas de convivencia.

d) Aplicarase xel hidroalcólico á entrada ao centro e a cada unha das estancias.

e) Se os síntomas do coronavirus aparecesen durante a estancia do alumno/a no centro, contactarase coa súa familia ou persoa de referencia que deberá presentarse no centro á maior brevidade.

f) Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado negativo da proba.

g) As ausencias derivadas da aplicación das medidas COVID-19 consideraranse sempre xustificadas.

h) Distancia interpersoal de ao menos 1,5 metros.

i) No centro a circulación será sempre pola dereita e atendendo aos posibles sinais e cartelería indicativa.

j) Non se poderá compartir material de uso propio e extremarase a orde nas mesas de aula. O alumnado sentará sempre no mesmo pupitre e, como norma xeral, estarán sentados/as por orde alfabética.

k) O material que deba ser compartido desinfectarase ao inicio e ao final da actividade.

l) As ventás, portas, persianas, chaves de luz, proxectores e restantes ferramentas pedagóxicas serán unicamente manipuladas polo profesorado ou o persoal non docente.

m) As familias  só poderán acceder ao centro en caso de necesidade ou por indicación do profesorado ou do equipo directivo, nas horas que lle sexan asignadas e cumprindo sempre as medidas de prevención e hixiene. Cando sexa por necesidade contactarán previamente co centro ou farano con previa cita.Nunca durante os recreos.

n) Á saída e á entrada o alumnado non poderá formar agrupacións en todo o recinto nin na praza exterior ao centro; o alumnado transportado entrará ao centro ou irá á saída directamente ao autobús. 

o) Os grupos da primeira planta, 1º, 2º e 3º de ESO, sairán 5 minutos antes, ás 14:20, ordenadamente e gardando as distancias preceptivas.

p) As titorías serán a través de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes a través de correo electrónico do centro ou por ABALAR MÓBIL. Tamén a través de vías telemáticas corporativas, como o uso de Cisco Webex. En casos excepcionais poderanse levar a cabo reunións presenciais atendendo ás condicións de seguridade e utilizando espazos habilitados para tal fin, sempre con cita previa

 

2.- Comportamentos contrarios ás Normas:

No IES do CAMIÑO estableceranse como comportamentos contrarios ás Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia, os que se relacionan a continuación:  

a) Negarse a usar o máscara, a non ser por prescrición facultativa..

b) Negarse a utilizar xel hidroalcohólico nos momentos establecidos no protocolo correspondente.

c) Facer un uso non adecuado de todo o material de protección, hixiene e limpeza do centro.

d) Non gardar a distancia de seguridade interpersoal despois de ser avisado reiteradamente.

e) Asistir ao aseo ou baño sen ter permiso por parte do profesorado, fóra das horas de recreo.

f) Manipular voluntariamente o material de outras persoas.

g) Manipular material do centro, mobiliario, equipamento, etc., sen autorización do profesorado.

h) Desprazarse pola aula ou saír aos corredores durante os cambios de clase.

i) Utilizar intencionadamente outra mesa ou pupitre diferente ao que lle corresponde.

j) Non respectar reiteradamente os sentidos de circulación establecidos nas entradas e saídas do centro  e nos desprazamentos a través do mesmo. 

k) Calquera falta de respecto cara ao profesorado ou persoal docente cando se lle estean dando instrucións en relación ás medidas de protección, hixiene ou limpeza.  

l) Calquera comportamento incorrecto durante o transporte escolar en contra das medidas establecidas con respecto á protección, hixiene ou limpeza. 

m) Calquera outro comportamento contrario ás medidas de protección, hixiene e limpeza establecidas no Plan de adaptación á situación COVID-19 para o curso 2021-2022.

 

O uso incorrecto da máscara levará aparellada a consideración de conduta leve contraria á convivencia. 

 

Polo tanto, os comportamentos recollidos anteriormente poden supoñer, se a Dirección o considera xustificado e pertinente, “a suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro” por un período que o determinará a gravidade do sucedido. Se foran máis de tres días, tería que ser precedido por un expediente disciplinario. En calquera caso, durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

 

3.- Entradas e saídas.

1. Os accesos e saídas do centro faranse polas distintas entradas-saídas habilitadas atendendo ás aulas ás que teñan que acudir ou das que proceda o alumnado. 

2. A entrada farana pola porta principal, no centro do edificio, todas as persoas e independentemente da hora na que accedan. 

3. Ao rematar as sesións lectivas, o alumnado da á esquerda do edificio baixará polas escaleiras centrais e sairá del pola porta lateral que sae cara o patio; e o alumnado da á dereita baixará polas escaleiras do lado dereito que abocan preto do ximnasio e sairá pola porta central do edificio, tamén polo lado dereito da mesma..

4. A circulación polos corredores será sempre pola dereita e de xeito individual, respectando a distancia de seguridade. 

5. Permitirase ao alumnado acceder ás aulas ata quince minutos antes da hora de inicio da actividade lectiva, segundo vaia chegando, coa fin de evitar aglomeracións e unha distribución máis axeitada dos tempos de entrada. 

6. Na última sesión da mañá haberá dous horarios de saída: 

•Ás 14:20 o alumnado da 1ª planta: 1º, 2º, 3º de ESO e FPB (Se tivesen clase nese intre no taller sairán ás 14:25).

•Ás 14:25 o alumnado da 2ª planta: 4º, 1º e 2º de BAC.

7. O alumnado, respectando a distancia de 1.5metros, acudirá directamente aos autobuses ou para a súa casa, sen pararse nin no interior nin na vía pública. 

8. Os proxenitores non poderán acceder ao centro educativo ás horas de entrada e saída do alumnado, nin durante os períodos de lecer ou os intercambios de clase.

9. Non se permite que o alumnado na saída quede formando agrupacións, polo que se regularán as saídas directamente ao exterior do recinto.

 

4.- Aula ordinaria.

1. Cada alumno/a terá asignado o seu pupitre e cadeira de xeito alfabético, polo que dito pupitre, con carácter xeral, non poderá ser usado por outros usuarios. O primeiro día de clase poderá identificarse o pupitre.

2. O material do alumnado, estoxo, libros, etc., de uso estritamente individual, será colocado no pupitre ou na mochila que permanecerá colgada do mesmo e todo el terá o seu nome. Non poderá quedar ningún material na aula ao finalizar a xornada lectiva. As chaquetas deberanse colgar da cadeira.

3. A mesa e a cadeira deberán ser desinfectadas por cada usuario para o seu uso, antes e despois. Na aula haberá produto desinfectante e panos desbotables. 

 

5.- Aseos.

1. Os aseos non poderán ser usados por riba do aforo indicado. Despois de usalo, o alumnado deberá hixienizar as mans.

2. O alumnado, como norma xeral, utilizará o aseo da planta na que estea a súa aula de referencia, salvo nos períodos de lecer que utilizará o aseo que teña máis cerca.

 

6.- Recreos.

1. Os espazos nos que se poderá estar no tempo de lecer son a planta baixa do edificio, o patio exterior traseiro e o espazo frontal ao edificio dentro do recinto. 

2. En días de choiva habilítase o ximnasio e non se poderá saír ao patio exterior.

3. No espazo da estancia que foi cafetería, non poderá haber máis de 15 alumnos/as, sempre respectando a distancia de seguridade e prohíbense os xogos de man compartidos.

 

Máscara sempre obrigatoria e distancia de seguridade de 1,5 metros, que de estar comendo será de 2 metros