Lingua Galega

Viaxe ao Teatro Principal de Ourense

O grupo de teatro Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, do que forma parte alumnado do IES do Camiño de Palas de Rei, participaron xunto a outros centros educativos na mostra de teatro REVIRACONTOS, celebrada o día 9 de febreiro no Teatro Principal de Ourense.

 

Samaín 2021

En 4º da ESO celebramos  esta festa de orixe celta inseríndoa na propia materia de Literatura Galega.

Xela Arias_Letras Galegas 2021: Infografía

O alumnado de 4º ESO achegouse á figura de Xela Arias indagando na súa vida e obra. Compartimos o traballo de Roi, Ismael e Brais, que tamén nos amosan a súa particular interpretación de tres poemas da autora.

Letras Galegas 21: XELA ARIAS

O IES do Camiño súmase á homenaxe que neste mes das Letras Galegas se lle está a facer a Xela Arias.

 

Ela dicía que a poesía non hai que entendela, senón sentila. E desde a emoción e o sentimento, o noso alumnado realizou unha manchea de traballos, que imos estruturar en 4 apartados:

 

1. Creación audiovisual.

- O alumnado de Agrupamento Específico (2º ESO), creou un videopoema. Nel as imaxes da vida de Xela Arias, así como da dos alumnos/as, interrelaciónanse con versos da poeta sarriá.

- Emocionámonos co recitado que as alumnas e os alumnos de 1º FP Básica fixeron de poemas da autora homenaxeada. Podémolo ver nun vídeo cheo de  palabras, música e imaxes conmovedoras.

- Temos outro vídeo no que alumnado de 1º e 2º ESO recita e interpreta na lingua de signos un poema de Darío a diario. Unha proposta verdadeiramente inclusiva!

- Os/as alumnos/as de Imaxe e Son (2º Bacharelato) tamén se sumaron á homenaxe. Neste caso, cun vídeo no que, ataviados con roupa negra, recrearon as ilustracións dos poemas de Tigres coma cabalos, libro do que recitan versos nesta montaxe.

 

2. Mural interactivo.

O alumnado de 1º FP Básica creou un mural no que expresa o que lle transmitiu o poema que Xela Arias adicou en 2002 a Man (o alemán de Camelle), quen morreu de pena días despois de que o Prestige anegara de chapapote o seu mundo. E ese mundo é o que aparece no mencionado mural. Para facelo, empregáronse diversos materiais ( pedra, madeira, teas…), ademais de motores, pilas, etc. Deste xeito, é posible interactuar (pulsando uns botóns) con esta orixinal forma de expansión poética.

 

3. Cartelería.

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, así como de 1º Bacharelato, traballaron na creación de carteis con versos e imaxes representativas do universo Xela Arias. Fixeron caligramas, tamén poemas iconográficos, e empregaron técnicas como a colaxe. 

 

4. Creacións de deseño gráfico.

Pola súa banda, o alumnado de 4º ESO fixo infografías que explican figurativamente a vida e a obra de Xela Arias.

 

*O ENDL dá as grazas ao alumnado e profesorado que tanto traballou nesta homenaxe á singular poeta que é  Xela Arias.

 

Nas seguintes publicacións da páxina web podedes ver os traballos do alumnado

Obradoiro de portugués

O xoves 22 de abril tivemos un "Obradorio de portugués" ao que asistiron os cursos de 2 e 4 ESO e 1 BAC. 

 

Bo Nadal 2020

Somos conscientes de que comezamos este primeiro trimestre con moitos temores e incertidumes de como sería a volta ás aulas. Agora que xa rematou este primeiro trimestre, podemos valorar moi positivamente o grao de compromiso que tivestes coas medidas de prevención ante a covid 19, para que todo se desenvolvera coa maior normalidade posible. 

Día das Letras Galegas 2020

Nunca se deixou de celebrar no IES do Camiño de Palas de Rei o día das Letras.  

Letras galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso de Héctor Cajaraville

Como xa sabemos que moitos de vós vos fixestes usuarios do GaliciaLe, agora podedes descargar tamén o último sobre Carballo Calero. Velaquí o enlace a un libriño moi fácil de ler sobre o autor homenaxeado nas Letras 

Distribuir contido