Skip to Content

Electricidade e Electrónica

DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

CONCURSO XOVENES INSTALADORES - MATELEC

No vindeiro mes de novembro, do 15 ao 18, estaremos presentes na feira MATELEC, en Madrid, co noso alumno Abdel Jalil Mahdaoui Mañana, que participa no concurso de xovenes instaladores a nivel nacional tras quedar no 1º posto no concurso autonómico que se celebrou o pasado xuño a través da asociación ASINEC.

Moita sorte!

Galiciaskills

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

Máis información aquí.

I Campionato Galego de Formación Profesional Básica FPBásicaSkills Galicia 2022

Este ano celébrase o primeiro campeonato Skills para FP Básica en Galicia. Podedes atopar a información no seguinte link

Distribuir contido


by Dr. Radut