Skip to Content

ESTAMOS DE NORABOA

   O noso IES está de noraboa, acabamos de ser admitidos (aínda provisionalmente) no Plan Proxecta+

   O programa busca concienciar á comunidade educativa coa necesidade de mellorar a calidade do medio en que vivimos co fin de garantir a sustentabilidade do noso medio de vida. Proporemos a análise inorgánica dos contaminantes presentes no aire mediante a recollida da auga da chuvia.

   O principal obxectivo é traballar o currículo do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra, e promover a investigación no centro, así as/os alumnas/os desenvolverán, de xeito interdisciplinario, competencias en investigación medioambiental mediante esta observación directa do estado das augas da chuvia, na contorna do centro.



book | by Dr. Radut