Skip to Content

DIA DO ORGULLO

 
Co motivo da celebración do DÍA DO ORGULLO (28 DE XUñO), o vindeiro dia 15 DE XUñO, na biblioteca do IES de SABÓN  terá lugar un COLOQUIO sobre IDENTIDADE SEXUAL. O horario establecido é de 10:30H A 13:00H.
 
Participarán distintas persoas que representan algunhas das IDENTIDADES SEXUAIS existentes, coas que poderemos intercambiar opinións ou dúbidas.

Ao remate do coloquio terá lugar un concurso de KAHOOT no que poden participar todos os asistentes e optar aos diferentes PREMIOS (ver foto).  Ademais na entrada da biblioteca podedes recoller pulseras, pegatinas, folletos informativos e si vos atrevedes, pintar a cara coas cores do orgullo LGTBIQ+ 
 
CONVIDÁMOSVOS a participar!!


blog | by Dr. Radut