O día das letras galegas este ano está adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán (1903 - 1987), e por iso homenaxeámolo con un concurso.
Neste concurso hai tres modalidades:
Modalidade 1
Fotografías que ilustren estrofas de poemas de Florencio Delgado Gurriarán.
Dentro desta modalidade teremos un poema por cada trimestre.
1º trimestre: Cousas de outono
2º trimestre: Paisaxes de inverno e Inverno no monte
3º trimestre: San Xosé e Aí ven o Maio
Modalidade 2
Fotografías que ilustren a admiración pola natureza.
Modalidade 3
Fotografías que denuncien o maltrato á natureza e/ou a degradación do medio ambiente. Exemplo
BASES:
- O concurso está aberto á participación de calquera membro da comunidade educativa do IES de Sabón.
- Só se poderá presentar, como máximo, unha fotografía por cada modalidade e trimestre (é dicir, un total de tres fotografías por trimestre).
- As fotografías deben ser orixinais (non vale baixalas da web).
- Todas as fotografías levarán un título ou lema en galego. As da segunda modalidade levarán tamén un lema ou breve texto explicativo da escolla.
- As fotografías enviaranse ao seguinte enderezo: concursosdlg@iesdesabon.org, e no asunto indicarase o título do concurso
- Identificarase o nome do autor (alumno, curso, etc.)
- Publicaranse na web do centro todas as fotografías enviadas que se adecúen ás bases.
- Por cada fotografía publicada obterase un vale para a cafetería do centro.
- Ao remate de cada trimestre, un xurado formado por profesores, alumnos e persoal non docente elixirán a mellor fotografía de cada modalidade, que recibirá un premio de 10 euros.
- No mes de xuño escolleranse as tres mellores fotografías de todo o curso, que recibirán os seus respectivos premios (30 euros o primeiro premio, 20 o segundo e 10 o terceiro).
- O profesorado poderá participar, mais non optar aos premios.