Skip to Content

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS ESO/BACHARELATO/CM E RECLAMACIÓNS 1ºBACHARELATO

Informamos de que entre o 7 e o 9 de xuño de 2022 terán lugar as sesións de avaliación do alumnado da ESO (3ª avaliación), 1º de Bacharelato (avaliación final ordinaria) e 1º Ciclo medio (3ª avaliación).  As cualificacións poderanse consultar en ABALAR segundo o seguinte calendario

 

CURSO

DATA E HORA DE PUBLICACIÓN EN ABALAR

1º ESO

Xoves 9 de xuño - 21:00

2º ESO

Xoves 9 de xuño - 17:00

3º ESO

Mércores 8 de xuño - 21:00

4º ESO

Martes 7 de xuño - 21:00

1º BACHARELATO

Martes 7 de xuño - 21:00

1º CICLO MEDIO

Xoves 9 de xuño - 22:00

 

RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS 1º BACHARELATO

O alumnado de 1º de Bacharelato que non estea conforme coa cualificación obtida nunha materia poderá presentar reclamación á mesma ante o departamento na secretaría do centro educativo nos dous días seguintes á publicación das cualificacións. Para formular esta reclamación, será necesario presentar o escrito que está a disposición na propia secretaría e en horario de 9:00 a 13:00 (as reclamacións do alumnado menor de idade deberán ser asinadas polos representantes legais).

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Páxina web para a solicitude: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: antes do 11 de xullo de 2022 (este incluído).

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: antes do 22 de xullo de 2022 (este incluído).

PROXECTO ETWINNING: UN SALTO EN ROMA

Un salto en Roma  foi un proxecto  eTwinning desenvolvido con alumnado entre 14 e 16 anos. polo IES de Poio, o  Agrupamento de  Escolas  Sá de Miranda de Braga e o  Liceo  G.  Peano de Roma,

O proxecto buscou  traballar competencias clave, especialmente a lingüística, dixital e social,  ademais de desenvolver  o  curriculum de Latín no centro español e de Lingua española nos centros portugués e italiano. Para iso creáronse  equipos internacionais que se repartiron as distintas seccións dunha revista dixital

O primeiro número da revista tratou temas xerais e o segundo número da revista abordou o tema do ano en  eTwinning: os centros educativos e a nova  Bauhaus europea.

Os obxectivos do poxecto consistiron en mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística e competencias sociais e cívicas., abordar o  curriculum das nosas materias dunha forma innovadora, fomentar a autonomía do alumnado na súa aprendizaxe e favorecer a comunicación intercultural. 

Tras unha fase de presentación de alumnado, dos seus centros e localidades e de elección de  logo, organizados en grupos internacionais prepararon o número 1 da revista manexando a bibliografía dispoñible no  Twinspace. Cada equipo tiña un foro onde se repartiron distintas funcións na revista e ían chegando acordos para os contidos.

Para o número 2 o  Twinspace tiña bibliografía sobre a nova  Bauhaus europea e sobre a educación na Antiga Roma para integrar  o tema  curricularmente en Poio.

Esta é a ligazón ao Twinspace 

Distribuir contido


by Dr. Radut