Skip to Content

Ciencias Naturais

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE ESPAÑOLA Éxito de Nazaret Vázquez Vázquez

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE ESPAÑOLA

Éxito de Nazaret Vázquez Vázquez

 

    O pasado 9 de abril, desenvolveuse en Jaca (Huesca) a competición “VII Olimpíada de Xeoloxía”, fase nacional, despois de ter lugar as probas autonómicas.

     A alumna do I.E.S. “O Couto”, Nazaret Vázquez Vázquez, acadou o primeiro posto da representación ourensá e , como tal, participou na proba española, xunto con outros seis alumnos de Galicia.

     As probas tiveron varias fases (individuais e de grupos; teóricas e de campo), pasando á última os oito mellores. Esta proba tiña un formato de “concurso televisivo”, con retransmisión da mesma, e nela decidíanse os catro representantes españois na fase internacional , que se celebrará en Xapón.

   Nazaret acadou esta última fase, quedando moi preto de lograr un posto entre os catro primeiros.

  O éxito de Nazaret é extraordinariamente salientable, porque competía cos mellores alumnos de España, pero tendo en conta, ademais, que se trata dunha alumna de primeiro de bacharelato, o que supón unha grande desvantaxe coa meirande parte dos participantes, alumnos de segundo e que cursan as materias de “Xeoloxía” ou “Ciencias da Terra e do Medio Ambiente”, dun nivel académico moi superior ao da materia de “Bioloxía e Xeoloxía” que ela cursa na actualidade.

  Cómpre subliñar tamén o éxito galego. O gañador absoluto nacional foi o alumno Ángel García Pérez, do I.E.S. “Rosalía de Castro” de Santiago, e a segunda representante de Ourense (Andrea Álvarez Penín, do I.E.S. “Aquis Querquernis” de Bande) tamén pasou á fase definitiva final de oito participantes.

   Parabéns, Nazaret, e agardamos que nos volva a representar o próximo curso, e logre un novo éxito.

nazareth Nazareth2
Nazaretch4 Nazareth3

 

 

 

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

“VII Olimpíada de Xeoloxía”  Fase galega / Ourense

cartel olimpíadas

 

O día 17 de Febreiro de 2016, celebrouse na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, da Univesidade de Vigo, a sétima edición da Olimpíada de Xeoloxía.

     A competición é de carácter nacional, con unha primeira fase por autonomías, unha segunda xeral  que terá lugar en Jaca, Huesca, no mes de abril, e unha internacional (este ano en Japón) 

     Está organizada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), con la colaboración del IGME y diversos colexios de xeólogos.

     En Ourense, os responsables da organización son os membros da AEPECT Manuel Antonio Latorre Díaz ( profesor do Instituto “O Couto” de Ourense) e Salud Gago Menéndez ( profesora do Instituto de Bande).

     Na edición deste ano, participaron 54 alumnos de distintos centros da provincia, dos cales 11 pertencían ao noso Instituto:

Os alumnos de 1º Bach. A:

Blanco Nieto, Arantxa

Álvarez Alonso, Anxo

Araujo Rodríguez, Helena

González Nóvoa, Paula

Bouzo Blanco, Antonio

Crucis Vidal, Lucía

Estévez Amoeiro, Carla

Vázquez Vázquez, Nazaret

       e de 4º E.S.O. C:

Feijóo Díaz, David

Velasco Pérez, Daniel

Rodríguez Blanco, Alexandre

    

 

 

  As probas desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ( xunto coas actividades complementarias: acto de presentación, entrega de obsequios aos participantes, conferencia sobre “Termalismo en Ourense”, acto de clausura e entrega de premios).

    Pola mañá tiveron lugar as probas prácticas en grupos ( sobre mapas topográficos e recoñecementos “de visu” de rochas, minerais, …). Pola tarde fíxose a proba teórica individual.

   Os resultados dos alumnos do Instituto “O Couto” foron moi satisfactorios, gañando en todas as categorías:

    Gañadora individual absoluta:

                                        NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

                         que participará na fase nacional , en Jaca (Huesca)

    Gañador individual , 4º E.S.O.:

                                        DANIEL VELASCO PÉREZ

    Gañadores na proba práctica de grupos:

                                        CARLA ESTÉVEZ AMOEIRO

                                        LUCÍA CRUCIS VIDAL

                                        ANTONIO BOUZO BLANCO

                                        NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

    Os parabéns aos gañadores é extensible a todos os alumnos do Centro que participaron nas probas, polo alto nivel xeral de coñecementos demostrado, e polo seu enorme interese e adicación en tempo e esforzo na preparación desta Olimpíada.

 

 

 

6ª OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA- FASE GALEGA

CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL - PROBA TEÓRICA

 

  • PRIMEIRO POSTO:  LUCÍA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ (1º BACH A)-  Irá a fase nacional, en Alicante.
  • SEGUNDO POSTO: NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ ( 4º ESO C)

 

 

CLASIFICACIÓN XERAL POR GRUPOS - PROBAS PRÁCTICAS

  • PRIMEIRO POSTO:  Grupo de 4º ESO C, integrado por:
    • NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ
    • MIGUEL FRANCO PÉREZ
    • MARTÍN BERNARDO ESTÉVEZ

 

  • "Accésit" clasificación xeral 4º ESO
    • NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

 

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA: AEPECT

MÁIS FOTOS NA GALERÍA: FOTOS OLIMPIADA

foto1  
   

IES O COUTO NA OLIMPIADA DE BIOLOXÍA

Departamento de Ciencias Naturais

Olimpíada de Bioloxía  -  Fase galega

 

       O venres 16 de xaneiro, celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, a “X OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA”, organizada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, e a colaboración das tres universidades galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Editorial SM.

       Participaron máis de cen estudantes de 2º de bacharelato, representando, en grupos de catro alumnos, a centros de toda Galicia.

       O I.E.S. “O Couto” presentou para a súa participación a catro alumnos  do grupo de 2º A de bacharelato:

                                           Garrido Suárez, Nerea

                                           Gómez Rodríguez, Elisabet

                                           González Fernández, Cristina

                                           Picouto Moreda, Damián.

    A participación foi promovida polo profesor de Bioloxía de 2º de bacharelato, Manuel Antonio Latorre Díaz, que os acompañou durante toda a xornada.

   Despois da recepción de participantes, desenvolveuse o exame teórico en dúas aulas da Facultade.

   Tras un pequeño descanso, e xa na Aula Magna, fixeron a proba práctica sobre imaxes proxectadas en común para todos os participantes.

   Logo da comida posterior ( convite para alumnos e profesores, pola Facultade de Bioloxía) procedeuse á visita de varios departamentos, en grupos reducidos, e ás explicacións das diversas investigacións que se desenvolven neles.

   Tiveron a oportunidade de facer pequenas observacións e manipulacións de material de microscopía e coñecer a contribución á divulgación (especialmente de páxinas web de acceso libre) dos membros dos departamentos visitados.

   Posteriormente, asistiron á conferencia sobre ás “achegas da Bioloxía” á sociedade.

   Por último, procedeuse ao acto de clausura e á entrega de premios aos gañadores.

  Todos os participantes considéranse “finalistas” e, para certificalo, recibiron o seu correspondente diploma acreditativo da súa participación na Olimpíada de Bioloxía, nun vistoso desfile dos alumnos.

   Os catro participantes do noso Cenro, amosaron a súa satisfación pola participación e gardarán seguramente un grato recordo da xornada.

 

 OLIMPIADA BIO 1  BIOL 2  BIOL 3  
       
Distribuir contido


by Dr. Radut