VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
“VII Olimpíada de Xeoloxía” Fase galega / Ourense
O día 17 de Febreiro de 2016, celebrouse na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, da Univesidade de Vigo, a sétima edición da Olimpíada de Xeoloxía.
A competición é de carácter nacional, con unha primeira fase por autonomías, unha segunda xeral que terá lugar en Jaca, Huesca, no mes de abril, e unha internacional (este ano en Japón)
Está organizada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), con la colaboración del IGME y diversos colexios de xeólogos.
En Ourense, os responsables da organización son os membros da AEPECT Manuel Antonio Latorre Díaz ( profesor do Instituto “O Couto” de Ourense) e Salud Gago Menéndez ( profesora do Instituto de Bande).
Na edición deste ano, participaron 54 alumnos de distintos centros da provincia, dos cales 11 pertencían ao noso Instituto:
Os alumnos de 1º Bach. A:
Blanco Nieto, Arantxa
Álvarez Alonso, Anxo
Araujo Rodríguez, Helena
González Nóvoa, Paula
Bouzo Blanco, Antonio
Crucis Vidal, Lucía
Estévez Amoeiro, Carla
Vázquez Vázquez, Nazaret
e de 4º E.S.O. C:
Feijóo Díaz, David
Velasco Pérez, Daniel
Rodríguez Blanco, Alexandre
As probas desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ( xunto coas actividades complementarias: acto de presentación, entrega de obsequios aos participantes, conferencia sobre “Termalismo en Ourense”, acto de clausura e entrega de premios).
Pola mañá tiveron lugar as probas prácticas en grupos ( sobre mapas topográficos e recoñecementos “de visu” de rochas, minerais, …). Pola tarde fíxose a proba teórica individual.
Os resultados dos alumnos do Instituto “O Couto” foron moi satisfactorios, gañando en todas as categorías:
Gañadora individual absoluta:
NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ
que participará na fase nacional , en Jaca (Huesca)
Gañador individual , 4º E.S.O.:
DANIEL VELASCO PÉREZ
Gañadores na proba práctica de grupos:
CARLA ESTÉVEZ AMOEIRO
LUCÍA CRUCIS VIDAL
ANTONIO BOUZO BLANCO
NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ
Os parabéns aos gañadores é extensible a todos os alumnos do Centro que participaron nas probas, polo alto nivel xeral de coñecementos demostrado, e polo seu enorme interese e adicación en tempo e esforzo na preparación desta Olimpíada.
- Ligazón á galería fotográfica
- Noticia na prensa: