PROCEDEMENTO DE RESERVA (faise nos centros adscritos) Prazo pechado.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS EN 1º BACHARELATO
As solicitudes de praza para 1º de Bacharelato foron baremadas e poden consultarse dende hoxe 25 de abril no taboleiro interior do IES. Ábrese un prazo de reclamación de 5 días hábiles dende o 26 de abril ata o 3 de maio 2024 ámbolos dous incluídos.
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS
ESO e 2º Bacharelato
Todas as solicitudes de admisión foron admitidas agás en 1º de Bacharelato onde será preciso baremar.
FASE DE BAREMO 1º BACHARELATO
Do 2 ao 13 de abril
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. Así mesmo, sinálase para estas solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.
ADMISIÓN
QUEN DEBE FACER A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?
Alumnado de centros non adscritos ao IES O Couto que desexe continuar estudos no noso centro no vindeiro curso escolar 2024-2025 e alumnado de centros adscritos que non fixera a reserva. Prazo (do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos).
CENTROS ADSCRITOS:
- CEIP VISTAHERMOSA, CEIP SACO E ARCE, CEIP LUIS MANUEL ACUÑA, CEIP O COUTO.
- CPRPLURILINGÜE SANTO ÁNGEL e COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJÓO ZORELLE, CPR SEMINARIO MENOR OURENSE
ÁREA DE INFLUENCIA:
NORMATIVA:
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:
- Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo se a demanda de prazas supera a oferta: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, é dicir, dende o 21 de marzo ao 8 de abril 2024
VACANTES:
CURSO 2023-24 |
1º ESO |
2ºESO |
3ºESO |
4ºESO |
1ºBACH CIENCIAS |
1ºBACH H. e CCSS. |
2ºBACH CIENCIAS |
2ºBACH H. e CCSS. |
VACANTES |
33 |
24 |
2 |
15 |
2 |
1 |
4 |
0 |
PRAZOS:
O 25 de abril: Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido. Poderase consultar as listaxes no taboleiro de Secretaría.
A listaxe provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional (do 26 abril ao 3 de maio). Modelo de reclamación
O 15 de maio publicarase no taboleiro de anuncios a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.
Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
COMUNICACIÓNS:
- RESERVA DE PRAZA: Todo o alumnado que solicitou reserva en 1º ESO e 1º de Bacharelato foi admitido e obtivo praza.