Skip to Content

COTA DA ANPA COUTO 2024-25

Queridas familias:

Chegou o final de curso, e queríamos aproveitar para agradecervos a vosa implicación durante todo o ano. Grazas ás achegas das familias desde a ANPA podemos levar a cabo actividades como charlas formativas para os nosos fillos/as, obradoiros de música e percusión, a contribución no acto de graduación de 2º de Bacharelato e tamén, como non, actividades formativas para as familias.

Para poder seguir realizando actividades no vindeiro curso e facer posible esta labor precisamos da vosa colaboración, e este ano como novidade , todos os pagos se terán que efectuar mediante transferencia bancaria para facilitar o traballo do CENTRO e da ANPA.

Do mesmo xeito convidamos a todo aquel que queira colaborar dunha maneira máis activa na ANPA a poñerse en contacto connosco a través do noso enderezo electrónico: iesocoutoanpa@gmail.com

Desexámosvos a todos un feliz verán.

 

AdxuntoTamaño
ANPA COUTO 24-25.pdf759.03 KB


story | by Dr. Radut