30/09/24 XORNADAS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO AO SURF
Neste día, todo o alumnado de ESO e FP Básica gozou dunha bonita Xornada de Iniciación e Perfeccionamento ao SURF da man de de Friends & Family surf School
Aínda que o tempo non nos acompañou, os nosos nenos e nenas, especialmente os máis novos, aproveitaron as impresionantes ondas da praia de Chanteiro para superarse a si mesmos mellorando a súas destrezas e autoconfianza.
1/10/24 CHARLA PANTALLAS AUTÓNOMAS DE SOLDADURA
O noso alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría, tivo a sorte de asistir a unha interesante charla sobre Pantallas autónomas de Soldadura con Equipos de Respiración impartida pola empresa 3M.
Foi práctica e motivadora!!
4/10/24 ENTREGA DE PREMIOS ATRÉVETE 23-24
Neste día, tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, a cerimonia de clausura e entrega de premios do concurso “Atrévete a ter unha idea 2024” do programa EDUEMPRENDE proposto pola Consellería de Educación para o fomento do Emprendemento.
O IES Plurilingüe Castro da Uz participa neste programa por octavo ano consecutivo. Nesta ocasión temos que dar a en hora boa a alumna Irea Murado Ferreiro de 2º de ESO que foi galardoada cunha tablet polo seu innovador proxecto A túa Expresión que consiste na fabricación de fío a partir de fibras obtidas de roupa reciclada.
Parabéns tamén para todo o alumnado do grupo de 2º de ESO por participar no consurso aportando as súas orixinais ideas emprendedoras.
Agradecemos enormemente a colaboración e participación da Asociación de Empresarios Seara neste atractivo proxecto, e a profesora de Tecnoloxía Olga López pola súa implicación.
Como centro receptor do programa Atrévete recibimos ós cursos 6º de Primaria do CEIP a Magdalena, 5º de Primaria CEIP A Fraga, e as os cursos de 5º e 6º do CEIP O Marbán das Somozas en diferentes xornadas nas que participaron empresarios da comarca nas que nos contaron as súas experiencias.
16 e 21/10/24 XORNADAS MICOLÓXICAS
As Pontes, Terra de Cogomelos!!
Nestes días, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO participou activamente nas xornadas micolóxicas organizadas polo Concello das Pontes.
Miño Guerreiro da Asociación Poupariña das Pontes, achegou nosos neno e nenas ata ao Monte Forgoselo, onde tiveron a oportunidade de aprender sobre a identificación de especies, cultivo de fungos, cogomelos domesticados máis comúns, etc
Obxectivo conseguido!! Espertar o sentido do olfacto micolóxico
19/10/24 II CARREIRA GREEN POWER
Parabéns ao noso alumnado e profesorado de FP Básica e Ciclo Medio de electromecánica de vehículos automóbiles que no día de hoxe, logrou o primeiro posto na categoría F24+ na carreira Urbana Green Power de vehículos eléctricos celebrada na Estrada.
O Kastro Sport Team, do IES P. Castro da Uz competiu fronte aos equipos do IES de Vilalonga (Sanxenxo), María Sarmiento (Viveiro), O Ribeiro (Ribadavia), así como os centros integrados de FP A Xunqueira (Pontevedra) e Coroso (Ribeira).Tamén estiveron presentes equipos da Escola Politécnica de Enxeñaría del Campus de Ferrol, da Universidade da Coruña e outros procedentes de Cantabria e Asturias.
Os coches, deseñados e fabricados polo alumnado, forman parte dun proxecto de innovación financiado pola Xunta e coordinado polo Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros.
Moitas grazas rapaces, repoñer forzas para o seguinte evento!!!
22/10/24 VISITA Á EXPOSICIÓN CANTARES DE CEGO E PREGOS DE CORDEL
O martes 22 de outubro o alumnado de 2° ESO desprazouse a Lugo para visitar o Vello Cárcere e a Sala de Exposicións da Capela de Santa María (CENTRAD). Na primeira parada coñeceron un antigo centro penitenciario, hoxe museo, fundado no S.XIX e que foi evolucionando cos cambios sociais e políticos da nosa historia. Revisaron aquí contidos relacionados co sistema xudicial, a democracia, etc. Tamén neste espazo visitaron a exposición "Elas", unha homenaxe a artistas galegas de diferentes eidos e que enmarcamos no proxecta Donas de Si: O Castro da Igualdade.
Do mesmo xeito, na Capela de Santa María, o alumnado coñeceu a historia dos cegos das feiras e os seus cantares e labores. Aprendemos que as coplas e romances destas figuras contaban sucesos reais ou fantásticos cos que divertir á poboación nestes espazos tan importantes para a nosa cultura e tradición.
Unha xornada de moita historia!!
24/10/24 VISITA A CLESA: O TOU DO IOGUR
O xoves 24 de outubro visitamos co grupo de 1º de ESO a Fábrica de Clesa na localidade de Caldas de Rei.
Da man de Cristina e Noemí de clesaoficial realizamos O Tour do Iogur onde puidemos coñecer todo o proceso de elaboración dos iogures, vimos unha parte da fábrica en pleno rendemento e descubrimos que pasa co leite dos nosos gandeiros cando chega á iogurtería.
Ao finalizar esperábanos unha agradable sorpresa, tivemos a oportunidade de probar os deliciosos iogures saídos directamente da fábrica!!
Grazas Cristina e Noemí pola vosa vosa paciencia e implicación ao longo da xornada que enmarcamos no plan proxecta Nutriescolas 2: Nútrete, móvete e ten saúde!
24/10/24 ESPECTÁCULO TEATRAL: VÍA MORTA
O pasado xoves 24 de outubro, tivemos no noso centro unha fermosa experiencia teatral: VÍA MORTA da cooperativa galega Culturactiva. Trátase dunha actividade de teatro que concedeu o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ao @concellodaspontes.
Vía Morta é unha experiencia inmersiva, unha montaxe que nos achegou á realidade das persoas refuxiadas e na que o público, o alumnado de 3º e 4º de ESO, foi unha personaxe máis. A un campo onde unha médica agarda poder seguir a súa viaxe ata Europa chega un pallaso dunha ONG e, ante a desafiante mirada do policía da fronteira realiza a súa performance clown. A mirada inocente dunha nena que non entende o que está a acontecer desata os acontecementos.
Sen dúbida, orixinal e reflexiva !!!
28/10/24 OBRADOIRO INCIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL
Neste día, tivemos o pracer de contar no noso centro cun interesantísimo obradoiro sobre “A iniciación segura á Pegada dixital e as Redes Sociais en menores”. Foi impartido por AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta, ao alumnado de 2º e 3º de ESO.
29/10/24 CONTACONTOS CAMERUNÉS
30/10/24 VISITA AO CEE APANAES DAS PONTES
30/10/24 FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN
6/11/24 CHARLA