O sábado 25 rematou a semana de acollida do grupo de estudantes e profesorado do Collège da localidade francesa Arzacq-Arraziguet.
Foi unha bonita experiencia de intercambio de costumes e tradicións entre os nenos e as familias pontesas e francesas. Entablaron boas relacións e crearon vínculos perdurables. Visitaron lugares emblemáticos da zona como as Fragas do Eume, a Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego… E sobre todo, aproveitaron a oportunidade para manter, comprender e practicar a lingua francesa e os contidos aprendidos nas aulas.
Días inesquecibles!!