Este luns, logo das clases da tarde, ás 18:30 convidámosvos ás familias a ver a exposición do alumnado de 1º de ESO "fotografando a nosa contorna" para que gocedes da primeira exposición na cafetaría, grazas ao traballo de colaboración das familias para pintar as paredes dentro do proxecto de Polos Creativos.
O alumnado de 1º ESO A visitou o venres 31 de xaneiro o Instituto Oceanográfico de Vigo grazas a que a súa compañeira Laura Alonso gañou o II Premio de Relato Curto e Debuxo convocado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra. O persoal do Oceanográfico fíxoos partícipes das súas investigacións e mesmo deixounos participar nos laboratorios. Toda unha experiencia difícil de esquecer.
Xa está de volta o alumnado de 3º ESO que pasou cinco días esquiando en Lietariegos. Unha experiencia inolvidable de convivencia e deporte da que, tanto profesorado como alumnado, gardarán un magnífico recordo.
O día 17 de maio, para nos Día das nosas letras pero tamén día de internet, solicitamos o teu voto para a nosa alumna Lucía que con un currado stop motion é finalista multimedia no concurso Qué é un rei para ti?. Grazas!!!