A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar unha reclamación no centro seguindo o procedemento que se detalla a continuación.
1º) Poderán solcitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado responsable da materia, de acordo co procedemento establecido nas normas do centro.
2º) No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión no seguinte prazo:
− Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024.
− Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.
Para iso, terán que encher a solicude de reclamación (ANEXO I) e presentala na secretaria do centro no prazo indicado. Os menores de idade terán que vir acompañado dun dos seus proxenitores.
Poden descargar o anexo clicando na imaxe correspondente que aparece na parte inferior da páxina.
3º) No caso de persistir o desacordo poderán presentar unha reclamación ante a Xefatura Territorial a través do centro no seguinte prazo:
− Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.
− Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024.
Para iso, terán que encher a solicude de reclamación (ANEXO II) e presentala na secretaria do centro no plazo indicado. Os menores de idade terán que vir acompañado dun dos seus proxenitores.
Poden descargar o anexo clicando na imaxe correspondente que aparece na parte inferior da páxina.
Convocatoria ordinaria 2º bacharelato |
||
Trámites e actuacións |
Prazo |
|
Revisión no centro |
Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais |
20 e 21 de maio 2024 |
Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada |
Data límite: 22 de maio 2024 |
|
Reclamación ante a Xefatura Territorial |
Solicitude de reclamación ante a Xefatura Territorial (se persiste o desacordo) |
23 e 24 de maio 2024 |
Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Xefatura Territorial |
Data límite: 24 de maio de 2024 |
|
Envío do expediente á Xefatura Territorial (a través de sede electrónica) |
Data límite: 27 de maio de 2024 |
Convocatoria extraordinaria 2º bacharelato |
||
Trámites e actuacións |
Prazo |
|
Revisión no centro |
Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais |
17 e 18 de xuño de 2024 |
Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada |
Data límite: 19 de xuño 2024 |
|
Reclamación ante a Xefatura Territorial |
Solicitude de reclamación ante a Xefatura Territorial (se persiste o desacordo) |
20 e 21 de xuño de 2024 |
Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Xefatura Territorial |
Data límite: 21 de xuño de 2024 |
|
Envío do expediente á Xefatura Territorial (a través de sede electrónica) |
Data límite: 24 de xuño de 2024
|
DOCUMENTOS DESCARGABLES:
SOLCITUDE DE RECLAMACIÓN AO CENTRO (ANEXO I) |
SOLCITUDE DE RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL (ANEXO II) |