Estimadas nais e pais,
Ante os problemas que están a ter algunhas familias para a recepción vía móbil das comunicacións do centro, lembramos o uso da aplicación TokApp School:
- Para poder recibir os mensaxes é necesario ter a aplicación instalada e non ter pechado a sesión.Por exemplo se apagamos o móbil comprobar que a sesión segue aberta ó reiniciar o dispositivo (premer no icono da aplicación e comprobar que temos a sesión aberta, non pide usuario nin contrasinal).
- As familias que deron un número de móbil que nalgún intre tivo instalada a aplicación, inda que a desintalasen ou cambiasen de móbil, se non eliminaron a conta no seu perfil o sistema segue asociando o número co seu usuario e manda a mensaxe por TokApp e non por SMS. Deben reinstalar a aplicación e iniciar a sesión co seu usuario e contrasinal.
Calquera dúbida a podedes consultar no enlace: www.tokapp.com/tokappschool/welcome/faq
Saúdos
O Secretario