Eventos
Xov | ||
---|---|---|
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo)– e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC), organizaron o venres, 11 de marzo, a Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022).
Esta Olimpíada celebróuse de xeito presencial e de maneira simultánea en tres sedes: A Coruña, Ourense e Santiago (Facultade de Informática da UDC, Escola Superior de Enxeñaría en Informática da UVigo e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC). A proba será en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, aínda que os participantes deberán estar na sede escollida ás 16:00 horas. A axenda do certame é a seguinte:
Inscribíronse un total de 17 estudantes –13 rapaces e 4 rapazas– de educación secundaria –ESO–, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes das cidades da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, pero tamén hai participantes de localidades como A Estrada, Culleredo, Noia, O Barco de Valdeorras e O Porriño. |