IDADE MEDIA
ANOS ESCUROS
INICIOS SÉCULO XX
REXIME DE FRANCO
FINAIS SÉCULO XX
IDADE MEDIA
A orixe da música galega tradicional é escura.
As primeiras referencias datan da música medieval, recollida en cancioneiros que xeralmente non inclúen notación musical.
Unha excepción foi Martin Codax (trobador do século XIII), xa que se conservan 2 partituras coa letra e a partitura.
Tamén son significaticas as Cantigas de Santa María de Alfonso X,
que inclúen a música e conteñen ilustracións de músicos tocando
gaitas e outros instrumentos tradicionais; tamén amosan a súa
importancia na cultura galega da idade media.
Sábese que a gaita foi un instrumento común naquela época, así coma a zanfona (e o organistrum) e os instrumentos de corda fretada que aparecen representados nos códices e no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.
Estas representacións permitiron a reconstrución dos instrumentos
facendo posible a interpretación da música medieval hoxendía. ANOS ESCUROS
Coincidindo
coa anos escuros e o declive do uso da lingua galega, a música
tradicional conservouse grazas exclusivamente á transmisión oral: panxoliñas, nanas, cancións de cegos..
INICIOS SÉCULO XX
O
renacer da música folk galega comezou coa chegada do século XX, da man
de músicos coma Perfecto Feijoó, que tocaba a gaita e a zanfona.
O primeiro disco comercial de música galega chegou no 1904 co coro Aires d'a Terra de Pontevedra.
REXIME DE FRANCO
Durante o rexime de Franco, a música viuse forzada a adaptarse á visión
política do momento con actuacións patrióticas en español, diminuíndo
os estilos tradicionais.
FINAIS SÉCULO XX
Cando o réxime de Franco terminou en 1975, a música galega experimentou unha forte recuperación e floreceron as gravacións. A creación do Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira 1977) axudou a establecer algún grupos galegos.
Artistas aspirantes comezaron a traballar con grupos tradicionais como Os Areeiras de Catoira, Os Rosales, Os Campaneiros, aprendendo os seus estilos folclóricos, outros aprenderon no obradoiro de Antón Corral (luthier de gaita) da Universidade Popular de Vigo.
Algúns deses músicos entón formaron os seus propios grupos, como Milladoiro.
Entre os anos 1980 e 1990, algúns artistas galegos gañaron fama na música folk e celta a nivel internacional.Entre os músicos galegos deste período están Uxía ou Mercedes Peón (cantantes), Fía na Roca (banda de folk), Carlos Núñez, Manuel Xosé Budiño, Cristina Pato ou Susana Seivane (gaiteiros e gaiteiras modernos).
|