Saltar navegación

Blues

Características Musicais

ORIXES E INFLUENCIAS

- Blues significa melancolía ou tristeza.

- Orixe  a inicios do século XX nas comunidades afroamericanas de Estados Unidos con influencia da música espiritual, das cancións de traballo e das baladas escocesas e irlandesas.

- Tivo gran influencia na música popular occidental: rock & roll, funk, heavy metal, pop, hip-hop.

INSTRUMENTACIÓN

Voz

Harmónica

Banjo

Guitarra

Baixo ou Contrabaixo

Piano ou Órgano

Batería

FORMA

12 compases: 3 frases de 4 compases, patrón de chamada-resposta

- Chamada (4 cc.)

- Resposta (4 cc.)

- Conclusión (4 cc.)

MELODÍA E LETRAS

- A melodía créase a partir da escala de blues, co 3ª, 5ª y 7ª disminuídas (notas de blues)

escala

- Letra: unha frase repetida e outra que finaliza. Temas persoais, de amor e desamor, tristes e duros.

- Cada frase ocupa 4 compases.

RITMO

- Emprega Shuffle: efecto rítmico feito cunha escobilla sobre un tambor, que imita ós pasos arrastrando o pé. Son 8 corcheas desiguais, tocadas de forma "ternaria"de modo que a primeira dura máis que a segunda.

shuffle

- Patróns de chamada-resposta con efecto repetitivo.

- Compás de 4/4

- Os temas de blues lentos tócanse nun compás de 12/8 (4 pulsos por compás, con 3 subdivisións por cada pulso).

 

HARMONÍA

Progresión de acordes en 12 compases: I-I-I-I - IV-IV-I-I - V-IV-I-I

blues

Variante: I-IV-I-I - IV-IV-I-I - V-IV-I-V

 

Escoitamos un blues: "Sweet home Chicago"

Base Musical

Aquí temos unha base rítmica e harmónica sobre a cal podemos compoñer unha melodía de blues.

O fichero temos que abrilo co MuseScore.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0