Skip to Content

Animación á lectura

17 DE OUTUBRO. DÍA DAS ESCRITORAS

Pasa pola biblioteca e atópaas!!

NOVOS CONCURSOS LITERARIOS

Novos concursos agardan por vós no noso taboleiro. Pasade a velos, hai moitas oportunidades para gañar premios moi interesantes.

Animádevos!!

TES UN CONTO QUE METE MEDO!! CHEGAN OS CONCURSOS DO SAMAÍN

Ide preparando os vosos relatos para os nosos tradicionais concursos do Samaín: o X Concurso de relatos e o V Concurso de Microrrelatos.

Animádevos a participar, a ver quen nos mete máis medo este ano!!

XORNADAS DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O alumnado de 1º ESO visita esta semana a nosa biblioteca para coñecer o seu funcionamento e normas.

 

GÚSTACHE ESCRIBIR? ACHÉGATE AO TABOLEIRO DE CONCURSOS LITERARIOS

Se che gusta escribir, podes animarte a participar nalgún dos concursos literarios que hai ao longo do curso.

Neste taboleiro atoparás información sobre todos os que se vaian convocando, tanto no noso centro como noutras entidades.

NOVO DEPÓSITO DE LIBROS

Durante este curso creouse un novo depósito de libros para contribuír á mellor organización da biblioteca. Está situado na aula 3, e o alumnado voluntario da biblioteca colaborou na súa montaxe e organización.

 

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Para relaxarnos un pouco neste fin de curso, na biblioteca podedes atopar novidades en banda deseñada e manga.Vinde botar unha ollada!!

LETRAS GALEGAS NO IES DE CACHEIRAS

O alumnado de 4º ESO, coordinado polo Departamento de Galego, realizou unha lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca do noso centro, para homenaxear ao poeta valdeorrés.

 

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA

Ademais da proposta "Regálate un libro, regálalle un libro" do Equipo da Biblioteca co gallo do Día do Libro,

nestes días presenta as novas adquisicións que estarán expostas uns días. Pasade pola biblioteca para elixir novas lecturas!

 

 

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS. LECTURA DO QUIJOTE

O Equipo da Biblioteca organizou este venres unha lectura do Quijote en todas as linguas impartidas no noso centro para celebrar o Día do Libro.

Distribuir contido


by Dr. Radut