Skip to Content

Animación á lectura

RECÉITAME UN LIBRO

Poñemos en marcha, co gallo do día do libro, o noso proxecto de biblioteca curativa "Recéitame un libro".

Escribe a túa receita e recomenda ese libro que che axudou a curar cando estabas...


Podes coller na caixa do mostrador unha tarxeta que ten un cordeliño e unha pinza na que figuran distintos estados de ánimo. Escolle aquela na que figure a emoción que a ti che espertou a lectura dese libro e que ti recomendarías a outros usuarios. A continuación, cobre no espazo en branco, no que hai un círculo, o título, autor e na parte interna da tarxeta o que máis che gustou dese libro. Por último, coloca a pinza na portada.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O MES DE ABRIL

Xa tedes dispoñibles na biblioteca as recomendacións que vos fai o Equipo da Biblioteca. Vinde a buscalas!

ÁS ESQUECIDAS. E OS LIBROS CHEGARON A TEIXEIRO

Hoxe as alumnas e alumnos de 2º de bacharelato que colaboraron neste proxecto tiveron a oportunidade de entregar os libros ás mulleres do Módulo 1 de Teixeiro. Pero non só iso, grazas ao equipo de orientación e inclusión deste módulo puideron coñecer como é o día a día dos internos, os talleres que realizan, as normas, os estudos que poden realizar, os diferentes módulos que ten o centro penitenciario...

Unha xornada intensa de aprendizaxe e emocións. Estamos moi agradecidas pola acollida e xa pensando en futuras colaboracións.

ÁS ESQUECIDAS. DEDICATORIAS E PREPARACIÓN DOS LIBROS

O proxecto Ás esquecidas, de recollida de libros dedicados para as presas no Centro penitenciario de Teixeiro, converteuse nunha colaboración máis estreita da prevista inicialmente.

Como moitas das persoas que querían doar libros tiñan a mesma pregunta, "e que tipo de libros quererán?" decidimos preguntarllo directamente a elas a través dun vídeo gravado por parte do alumnado que participa nesta actividade. As mulleres do Módulo 1 de Teixeiro enviáronnos cartas coas súas preferencias e foi así como completamos os libros que finalmente levamos, algúns dedicados a lectoras anónimas e outros personalizados.

SESIÓN DE CINECLUB PARA O ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado puido ver a películka baseada no libro que estiveron lendo no 2º trimestre, La invención de Hugo Cabaret.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO MES DE MARZO

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

Nova reunión do Club de lectura de bacharelato para comentar a obra Gentlemind que gustou moito tanto pola historia, tan ben contada, como polos magníficos debuxos que nos trasladan ao New York dos anos 40 e ao mundo das revistas. A próxima lectura será Un tipo duro.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O MES DE FEBREIRO

Aquí tedes os libros que o Equipo da biblioteca seleccionou para este mes. Vinde pola biblioteca, que teñen moi boa pinta!

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

O club de lectura de 1º ESO volveuse reunir para comezar a segunda lectura: La invención de Hugo Carret... con curiosidade por coñecer as aventuras e misterios que oculta este libro...

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

Onte reuniuse o Club de Lectura de Bacharelato para comentar a obra Tamara Drew, que deu para falar dun interesante debate acerca da creación de obras a demanda de intereses comerciais. A próxima lectura elexida polas alumnas é Gentlemind.

Distribuir contido


by Dr. Radut