Arredor da memoria
AUTOPÍAS 4
Enviado por Anónimo o Lun, 18/06/2012 - 15:49MEMORIA FOTOGRÁFICA DA CONTORNA
Enviado por admin o Ven, 08/06/2012 - 10:02O Equipo de Dinamización Lingüística programou este curso facer unha Memoria fotográfica da contorna, polo que solicitou a colaboración das familias para que nos prestasen fotografías de carácter xeral onde se vexan paisaxes, escenas da vida cotiá, edificios, traballos ... para coñecer como era a vida hai 20, 50 ou 80 anos.
O material recollido, ademais de escanealo e documentalo, incorporouse ao arquivo do centro e reproduciuse nunha exposición.
A EDUCACIÓN: A CHAVE DO FUTURO
Enviado por admin o Xov, 17/05/2012 - 12:20Da memoria de Brión
De Luís Tobío (1861-1943)... a Lois Tobío (1906-2003)
Luís Tobío Campos, un mestre de Lamiño, da liña pedagóxica da Escuela Libre de Enseñanza de Giner de los Ríos, poeta e recolector das cantigas de Amaía. Os seus fillos e fillas estudaron na USC e destacaron en distintos campos, dos que sobresaíu Lois Tobío Fernández, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, redactor do Anteproxecto da Autonomía de 1932, tradutor ao galego de Goethe, Rilke e Bertold Brecht... son exemplo intelectual e pedagóxico para todos os que queiramos facer progresar a sociedade na que vivimos...
CHARLAS ARREDOR DA MEMORIA
Enviado por admin o Xov, 12/04/2012 - 13:19O vindeiro mércores día 18 de abril ás 19:00 h. terá lugar un acto no IES de Brión no que intervirán os profesores X. Ramón Mariño Ferro, antropólogo, e Manuel Sendón, fotógrafo. Os seus relatorios achegarannos aos territorios da memoria dende a antropoloxía e a fotografía
Estas charlas enmárcanse na actividade anual de centro que este ano xira “arredor da memoria”.
Queremos que este acto sexa aberto, polo que convidamos a participar a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.
ORADOUR-SUR-GLÂNE. VILLAGE MARTYR. A MEMORIA NECESARIA
Enviado por Anónimo o Ven, 30/03/2012 - 18:09CON A DE ASTRÓNOMAS
Enviado por Anónimo o Mér, 07/03/2012 - 22:55
No I.E.S. de Brión acollemos a exposición con A de Astrónomas en conmemoración do Día Internacional da muller traballadora, 8 de marzo. A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astronomía e Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. Con A de astrónomas, é froito do traballo de 9 mulleres de distintos centros de investigación, atopándose entre elas Josefina Ling, profesora da área de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce ademais como comisaria da exposición xunto a investigadora de historia da Ciencia Eulalia Pérez Sedeño. Os diferentes paneis que conforman a exposición estarán ubicados no 1º andar do centro dende o 7 ata o 16 de Marzo, grazas á colaboración do Concello de Brión. Josefina Ling, impartirá unha charla o vindeiro venres 16 de marzo ás 9:15 na aula de usos múltiples do instituto baixo o título Con A de Astrónomas, para o alumnado de 4º, de Física e Química, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato de Física. Para consultar información sobre a exposición, preme no seguinte ligazón: "Con A de Astrónomas" |
GALICIA E AS NOSAS XENTES
Enviado por admin o Lun, 05/03/2012 - 23:30
O I.E.S. de Brión acolle unha mostra da obra dalgúns fotógrafos galegos dentro da Actividade Anual de Centro adicada este ano á Memoria. A exposición leva por título “Galicia e as nosas xentes” e nela están presentes fotografias de Benedicto Conde, Pintos, Virxilio Vieitez, Blanco Amor, Veiga Roel, Manuel Ferrol e Ksado.
|
VISITA Á ALDEA DE SILVARREDONDA
Enviado por Anónimo o Mar, 28/02/2012 - 09:52O departamento de Lingua Galega e Proxecto Interdisciplinar organizan a visita á Aldea de Silvarredonda en Rois para o alumnado de 1º da ESO o vindeiro 15 de Marzo de 10:30 a 14: 00 horas.
O obxectivo da actividade é coñecer unha aldea tradicional: funcionamento, servizos e actividades comunais, dentro do programa da actividade anual de centro " Arredor da memoria".
MEMORIA DA NOSA LINGUA
Enviado por admin o Lun, 16/01/2012 - 17:30Coa exposición "Memoria da nosa lingua" inaugúrase unha serie de exposicións no marco da actividade anual de centro que este ano xira "Arredor da memoria".
"Memoria da nosa lingua" recolle o traballo que o alumnado de 3º ESO realizou a partir do libro "Historia da lingua galega" de Pepe Carreiro.
A profesora Mariña Pérez Rei acompañou ao alumnado na elaboración dos seus traballos.
|