Eventos
O departamento de Lingua Galega organiza para o alumnado de 1º de ESO unha Rota Rosaliana a Bastavales, Pazo de Lestrove, Casa Museo e Cemiterio de Adina
Obra de teatro en inglés "Daily news", organizada polo departamento de inglés do IES de Brión para 2º da ESO gupos A, B e C
O xeólogo Francisco Anguita impartirá a conferencia "Marte e a terra" na sala de usos múltiples do IES de Brión para o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía.
Francisco Anguita foi profesor da Universidade Complutense de Madrid durante moitos anos, así como profesor invitado en Universidades como a de Zaragoza e outras en México e Arxentina. Experto en Vulcanoloxía, Historia da Terra e Xeoloxía Planetaria. Interesado tamén na docencia; fundou a AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) que conta con máis de 1000 socios en España, Portugal e Latinoamérica.
Ten numerosos libros publicados entre os que destacaremos: “Biografía de la Tierra”, “Historia de Marte: mito, exploración y futuro” e “Crónicas del Sistema Solar” que son de carácter divulgativo, ademais de outros que son verdadeiros tratados científicos; tamén publicou numerosos artigos de investigación e participou en expedicións naturalistas.
Máis información:
http://mas-alla-de-somosaguas.blogspot.com/2008/10/divulgadores-excepcionales-francisco.html
http://www.enciga.org/congreso/2004/curriculum_vitae_Anguita_Virella_Francisco.pdf
http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/publico/entrevista_anguita.htm
Os departamentos de Música e Ética do IES de Brión organizan a saída ao Pazo de Ópera da Coruña para o alumnado de 4º da ESO.
Ensaios da Sinfónica:
Mendelssohn: Sinfonía nº5 "da reforma", para o tricentenario da Reforma Luterana.
Moure: "Admonitum" Estrea absoluta
O alumnado de 1º da ESO asistirá á proxeción da película "El niño de Marte" na Casa da Cultura de Bertamiráns dentro do programa Cinenesino, organizado polo departamento de Orientación
O departamento de Música organiza a saída ao concerto didáctico "O paxaro de Lume" de Stravinsky, versión Fernando Palacios para o alumnado de 3º de ESO de Música
Visita ás instalacións da CRTVG organizada polo departamento de Lingua Galega para 1º de Bacharelato
Asistencia á representación no Teatro Principal da obra "Entremeses" de Cervantes para alumnado de 3º de ESO gupos A, B, C e PDC, organizada polo departamento de Lingua Castelá.
Visita ás instalacións da CRTVG para o alumnado de 4º de ESO, organizada polo departamento de Lingua Galega
Visita do alumnado e profesorado de Falmer High School de Brighton (Reino Unido) a Brión. Nova no Correo galego
O programa de actividades podes descargalo no seguinte documento adxunto