CONFERENCIA DO XEÓLOGO FRANCISCO ANGUITA

12/03/2009 10:25
12/03/2009 11:15

O xeólogo Francisco Anguita impartirá a conferencia "Marte e a terra" na sala de usos múltiples do IES de Brión para o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía.

Francisco Anguita foi profesor da Universidade Complutense de Madrid durante moitos anos, así como profesor invitado en Universidades como a de Zaragoza e outras en México e Arxentina. Experto en Vulcanoloxía, Historia da Terra e Xeoloxía Planetaria. Interesado tamén na docencia; fundou a AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) que conta con máis de 1000 socios en España, Portugal e Latinoamérica.

Ten numerosos libros publicados entre os que destacaremos: “Biografía de la Tierra”, “Historia de Marte: mito, exploración y futuro” e “Crónicas del Sistema Solar” que son de carácter divulgativo, ademais de outros que son verdadeiros tratados científicos; tamén publicou numerosos artigos de investigación e participou en expedicións naturalistas.

Máis información:

http://mas-alla-de-somosaguas.blogspot.com/2008/10/divulgadores-excepcionales-francisco.html

http://www.enciga.org/congreso/2004/curriculum_vitae_Anguita_Virella_Francisco.pdf

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/publico/entrevista_anguita.htm

http://climantica.org/climanticaTV/es/entry/20081216