PRESENTACIÓN DO LIBRO ESQUELAS DE EVA

 

O mércores 10 de maio levouse a cabo a presentación do libro Esquelas de Eva, do profesor de matemáticas Marcos Villar Pazos. Esta obra contou coa colaboración de Laura Feal Costoya, estudante de 4º ESO. As súas ilustracións nutriron dun especial senso pictórico o contido figurativo do poemario. Merece unha digna mención a asistencia dun numeroso grupo de estudantes que, a pesar de ser no seu tempo de lecer, decidiron acudir a un acto no que se resaltou a importancia da lectura na nosa vida cotiá. Por último, ademais de Laura, estiveron presentes Eva (filóloga e prologuista da obra) e Marisa (profesora de debuxo do IES Breamo). A todas estas persoas asistentes, colaboradoras…, se agradece o seu agarimo e a súa participación desinteresada nun acto simbólico, cuxo fin último era fomentar o gusto polos libros; por eses mestres compañeiros da nosa soidade.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer