POSTA EN FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO IES BREAMO
O IES Breamo conxuntamente coa ANPA APERTA poñemos en marcha a Escola de Nais e Pais.
De que imos falar? De todos aqueles temas que vos preocupan e dos que queirades
Informarvos.
Pois como ben di un proverbio africano, "para educar ben a un individuo precisamos unha tribu, e para educar ben, cómpre unha boa tribu". Como familias, somos un dos piares desa gran tribu, e través desta escola, coñeceremos moitos temas do noso interese que nos poden facilitar esta tarefa.
Sen máis preámbulos, comunicamos que o xoves 24 de novembro ás 18:00 h terá lugar a primeira xuntanza.
Esta primeira xornada estará impartida por ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) e leva por título O USO E CONTROL DAS REDES SOCIAIS: ADULTOS E ADOLESCENTES NAS TRICS (TECNOLOXÍAS DE RELACIÓN, INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN).
CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA POR FORMULARIO