ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
Presentación da solicitude de admisión: 1-22 de marzo.
Recoller anexo II (ED550B) na secretaría ou cumprimentalo en http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Tamén se pode descargar de:
http://www.xunta.es/portada ou http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849
Lugar de presentación: na secretaría do centro onde solicita a praza. Si vostede presenta a solicitude telemáticamente ten a obriga de presentar a documentación tamén na secretaría do centro.
Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se é o caso.
· Na mesma solicitude os representantes legais do alumno ou alumna deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complementarios.
Na solicitude de admisión, concretamente no Anexo II, folla 3, columna “Marcar”, serán os solicitantes os que deben sinalar os conceptos do baremo nos que desexan ser puntuados.
· Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
· Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar .
· Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas antes de 25 de maio.
NOTA INFORMATIVA MOI IMPORTANTE
- O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en 1º lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.