APOIO
AULA DE APOIO 1
Benvida á sección da AULA DE APOIO do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo!
Neste curso 2024-25 contamos con 2 especialistas en PT (Pedagoxía Terapéutica) para atendelas, *unha delas a tempo parcial, compartindo centro co CEIP Ría do Burgo
Mª Carmen Otero Sánchez, marioterosanchez@edu.xunta.es ptcarmen@iesblancoamor.com
*Marta Díaz Plazas mdplazas@edu.xunta.gal
*Como en anos anteriores, tiñamos solicitada de finais de curso á Administración, a maiores da praza definitiva, outra persoa de PT a tempo completo para poder atender as grandes necesidades de apoio educativo que se nos presentaban; botamos andar sen persoal suficiente!!
O nome de PT vén dun antigo curso de formación, denominado “Pedagoxía Terapéutica”, que recibían as/os mestras que prestaban apoio a alumnos con dificultades de aprendizaxe, cando aínda non se crearan as especialidades universitarias ao efecto. Iso somos as/os PT: profesoras integrantes do Departamento de Orientación que, entre outras cousas, axudamos aos alumnos con necesidades educativas especiais ou específicas de apoio educativo (ACNEE/ACNEAE) a alcanzar os obxectivos curriculares mínimos e a integrarse socialmente no ámbito escolar. Tratando de dar resposta axeitada á diversidade de capacidades, motivacións, situacións socio-familiares, etc; desde o Dep. de Orientación e as aulas de PT, vemos de conectar, cos intereses do noso alumnado e os contidos que se estean a traballar na aula ordinaria, procurando que desenvolvan estratexias e habilidades para a súa asimilación e xeneralización a contextos diversos, especialmente no marco das competencias clave e as TIC.Tamén establecemos canles de colaboración co profesorado, familias e outras institucións para coordinar, afianzar e/ou xeneralizar os apoios e elaborar, cando é preciso, Adaptacións Curriculares Individualizadas (ACI).
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2024-25
MODELO AXENDA ESCOLAR, editable
Neste enlace, podes acceder a un modelo de axenda escolar editable,
facilitado pola asociación ANHIDA
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2023-24
Neste curso 2023-24 contamos con 2 especialistas en PT (Pedagoxía Terapéutica) para atendelas, *unha delas a tempo parcial, compartindo centro co CEIP Ría do Burgo
Mª Carmen Otero Sánchez, marioterosanchez@edu.xunta.es ptcarmen@iesblancoamor.com
*Nerea García Bugallo, nerea.garciab@edu.xunta.gal nereagarcia@iesblancoamor.com
Teatro en S.Múltiples
O luns 17 de xuño, acompañamos ao alumnado de 2º e 3º ESO á representación teatral do entremés de Miguel de Cervamtes: "El Retablo de las Maravillas", posto en escena por compañeiros de 4º ESO no Auditorio de Servicios Múltiples do Burgo. Disfrutamos asimesmo da magnífica voz e as interpretacións musicais de dous deles que complementaron o acto e ao final, das representacións improvisadas de voluntarios do público. Parabéns a tod@s!!
Encontros con Escritoras
Na semana das Letras Galegas, este ano en honor de LUISA VILLATA, visitounos ANDREA MACEIRAS. Acompañamos nunha actividade moi interesante cos grupos de 1ºD-E, en torno ao seu libro "A folla azul".
Visita ao Castro de Elviña
Na terceira semana de abril, acompañamos ao alumnado de 1º ESO B,C,D,E a coñecer o Castro de Elviña, nunha visita moi interesante monitorizada desde o Concello da Coruña.
"CLASES SEN FUME"
En marzo, acompañamos tamén nalgunha das charlas impartidas en 1ºESO para a prevención do tabaquismo, dentro do programa da Consellería de Sanidade: "Clases sen fume"
8M
En conmemoración desta data, acompañamos ao alumnado de 1ºESO na charla impartida na biblioteca
por antigas profesoras de matemáticas deste instituto,
en torno á vida e figura da matemática María Wonenburger, que da nome á nosa biblioteca.
FEBREIRO
Neste mes da Candeloria, entre outras cousas. celebramos tamén no instituto: O Entroido, o Día de Rosalía, e contamos asimesmo coa presencia da policía para falarlle ao alumnado dos perigos das Novas Tecnoloxías.
DÍA DO AMOR, POLA CANDELORIA
Saídas de Nadal
O 20 e 21 de decembro participamos nas saídas organizadas para conmemorar o Nadal ao remate do trimestre. O mércores, ao "Nadal de Cine" no centro comercial Marineda con 1º e 2º ESO. O xoves, a Servicios Múltiples do Burgo con 1º ESO, a disfrutar cos maiores do Centro de Día dunhas pezas de teatro e coreografías representadas por parte deste alumnado.
Xornada de Convivencia 1º ESO
O luns 25-9-23, participamos nesta alegre Xornada de Convivencia entre o novo alumnado do noso centro. Celebrouse no parque de Acea da Ma, desde mediodía ata a tarde, e contamos coa colaboración do Concello no desenvolvemento das actividades.
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2022-23*
Neste curso 22-23, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas, *unha delas a tempo parcial compartindo centro co CEIP RÍA DO BURGO
Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es / *Carolina Rouco Vázquez, carolinarouco@edu.xunta.gal
*O apoio noso a ANEAE, pasou a ser maioritariamente dentro das aulas ordinarias; so mantivemos activa unha das 2 aulas de Apoio que viñamos usando, para atender individual ou grupalmente a algún ACNEE. Por esta razón, apenas deseñamos actividades propias ou comunitarias para as distintas conmemoracións interdisciplinares do centro.
ACUAPARK CERCEDA
O luns 19 de xuño, acompañamos a 1º de ESO ao acuapark de Cerceda. Foron a maior parte dos alumnos; o día non axudou moito, pero disfrutaron en grande da convivencia!
FALADOIROS
En abril, participamos coa nosa bilbioteca nas 3 xornadas de apadriñamento lector co alumnado de Educación Infantil do CEIP Ría do Burgo.
Foi unha experiencia extraordinaria!!!
http://biblioeba.blogspot.com/2023/05/apadrinamento-lector.html
DÍA DO AMOR, POLA CANDELORIA E O SAN VALENTÍN
Composición creada cos murais elaborados polo alumnado de 3º ESO no programa QUÉROTE +
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2021-22
Neste curso 21-22, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas, *unha delas a tempo parcial compartindo centro co IES REGO DE TRABE
Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es / *Aurora Barba, aurora.bg@edu.xunta.gal
SAÍDA FIN DE CURSO, ACTIVIDADE CEIDA
Acompañamos ao alumnado dalgúns cursos de 1º ESO a esta interesante actividade ecoloxista, organizada en colaboración co Concello de Oleiros. FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!
LETRAS GALEGAS 2022
Baixo o lema "Letras Galegas de Cores; menos prexuizos e máis prefixos" abordamos nesta ocasión a festividade das nosas letras. Tratamos desde o centro, de dar visibilidade aos novos termos asociados á diversidade sexual e de xénero, fomentando o seu coñecemento; así como o respecto e aceptación da variedade de persoas con eles identificadas.
VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA
Compartimos esta "viaxe ao pasado" de 1º ESO, organizada polo Dep. de Xeografía e Historia. Castrexos e romanos, fiando nas orixes do que agora somos!!
TEATRALÍZATE
En torno ao Día mundial do Teatro, acompañamos ao alumnado de 3ºESO, ao Auditorio de Servicios Múltiples do Burgo, a esta didáctica experiencia teatral do grupo Elefante Elegante, coa súa obra "Alma de Tigre"
21M. Neste Día internacional da Poesía, no comezo da primavera, visitounos a poeta cullerdense Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019. Un pracer e unha honra tela entre nós!
ROTEIRO INTERDISCIPLINAR POLA RÍA DO BURGO
Acompañamos ao alumnado de 1ºESO nesta interesante actividade Interdisciplinar integrante dun amplo Proxecto que iniciamos este curso, con previsión de continuidade nos seguintes.
8M
Reflexionamos sobre o papel da muller a través dos contos clásicos e artigos de prensa nos que elas son protagonistas; sen perder de vista os actuais e variados conceptos de xénero.
Día de Rosalía, polo Entroido!!
Baixo o lema "Sementade Pensamentos" proposto pola AELG para este ano, limos e escribimos poemas de Rosalía de Castro na súa honra; ao tempo que nos preparabamos para celebrar tamén o Entroido.
30 de xaneiro, Día da Paz. Nesta ocasión, unímonos á música das Tanxugueiras para conmemorar esta data especial. A partir da letra da súa canción "FIGA", reflexionamos sobre a envexa, destrutora da paz. Entre todos construímos un universo de palabras-emocións máis favorables á convivencia pacífica entre as persoas.
DÍA DO AMOR POLA CANDELORIA
25N
SAMAÍN 2021
Como crear unha noticia terrorífica!!
Concurso de Conxuros do Samaín
(antes do 7 de novembro)
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2020-21
Neste curso 20-21, so contamos cunha especialista en PT : Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es
*Agradecer á nosa compañeira Merce a súa inestimable e incondicional colaboración na maioría dos carteis das nosas mostras!!
http://biblioeba.blogspot.com/
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2019-20
Neste curso 19-20, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas,* unha delas a tempo parcial compartindo centro co CEIP Sofía Casanova
Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es / *Almudena Bermúdez, bmalmudena@gmail.com
*Agradecer á nosa compañeira Merce a súa inestimable e incondicional colaboración na maioría dos carteis das nosas mostras!!
* A suspensión das clases en marzo deixou no aire proxectos por desenvolver, entre outros un encontro poético coa gañadora do Premio Nacional de Poesía, a cullerdense Pilar Pallarés; ademais da conmemoración dalgunhas datas especialmente significativas no ámbito académico. Na distancia, xurdiron outras ideas nas que gustosamente participamos para promover accións e interaccións da comunidade educativa desde as casas.
Desconfinando a Lingua. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Día do libro. Concurso de bookface
8 MARZO (idea a medio desenvolver)
24 de febreiro. Día de Rosalía. AELG "Errantes polo mundo andamos"
30 de xaneiro, Día Internacional da Paz
25N. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Traballo feito segundo a proposta do EDNL do instituto, baseada no "LIBRO DO MAL AMOR", editado pola Xunta de Galicia en torno a esta conmemoración do 25N
Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado, o curso 2018-19
Neste curso 18-19, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas: Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es / Lucía Barbeito, barbeitocampos@edu.xunta.es
*Agradecer á nosa compañeira Merce a súa inestimable e incondicional colaboración na maioría dos carteis das nosas mostras!!
(Pincha aquí para enlazar co noso Blog, onde tamén se relatan)
LETRAS GALEGAS 2019
OBRADOIRO "CARAMELOS PARA PENSAR" na Semana Cultural
8 DE MARZO. "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"
Tradicionalmente, o traballo feminino resultou invisibilizado socialmente: o cuidado do fogar, dos nenos, anciáns ou enfermos estaban ao seu cargo; non era remunerado, por tanto, non tiña valor. Nalgúns casos, este tipo de tarefas impediulles ás mulleres o desenvolvemento profesional noutros campos.
É certo que incontables mulleres lograron éxitos profesionais ao longo da historia, pero moitas delas quedaron no anonimato. Algunhas incluso, foron mortas por reclamar os seus dereitos ou condicións dignas no traballo.
Estas son algunhas das razóns que dan sentido á conmemoración do 8 de marzo:
Que se visibilice e valore,
na súa xusta medida
o traballo das mulleres
na sociedade presente, pasada e futura!!
30 DE XANEIRO, "DÍA INTERNACIONAL DA PAZ"
25 de novembro "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
SAMAÍN 2018
Mostras dalgúns traballos feitos co noso alumnado ao longo do CURSO 2017-18
SES, en maio, na Universidade Laboral, para alumnado do Concello de Culleredo
23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Exposición no Centro Ágora da Coruña: Muller tiña que ser!
Mostras dalgúns traballos feitos co noso alumnado ao longo do CURSO 2016-17