Estruturas Iterativas

As estruturas Iterativas son aquelas que fan que se repite unha secuencia tantas veces como queramos. Son coñecidas como bucles.

En Scratch hai tres comandos que nos permiten facer estas secuencias. Son

repetir repetirata para sempre

"Ao lindo cadrado"

Debuxar Cadrados:

En estes dous exercicos úsase a orde repetir un número de veces:

  • Facer un programa que debuxe un cadrado de cen despois de premer a tecla espazo

Obxectivos

Realizar un programa con estrutura iterativa

Aprender a usar a orde repetir

Realizar o algoritmo para debuxar un cadrado

Usar os comandos relacionados con debuxar (agrupados en Scratch co nome de lapis)

Obxecto Un obxecto invisible (ver truco 4)  Ao inicio que se coloque no centro do escenario máis ou menos diagram de fluxo cadrado
Escenario Un branco, con cor, debuxado, escollido da biblioteca,..
Para iniciar o programa ao premer a tecla espazo
Comandos necesarios subir lapisbaixar lapisborrarfoxar cor lapis mover
ir a x e yxirar repetir

Se necesitas axuda preme aquí

  • Facer un programa que debuxe tres cadrados de 50.  Os cadrados estarán separados entres si 25 na liña horizontal e máis ou menos centrados. Este programa realizase a partir do anterior

Obxectivos

Realizar un programa con estrutura iterativa

Aprender a usar a orde repetir

Realizar o algoritmo para debuxar 3 cadrados separados unha distancia dada

Reflexionar sobre as posicións no escenario para separar a distancia correcta os cadrados

diagram de fluxo de tres cadrados
Obxecto Un obxecto invisible (ver truco 4) Ao inicio ten que estar colocado de maneira que os tres cadrados esten centrados no escenario (tanto en horizontal como en vertical).
Ecenario Un branco, con cor, debuxado, escollido da biblioteca,..
Para iniciar o programa ao premer espazo
Comandos a usar a maiores do programa anterior trocarx

Se necesitas axuda preme aquí

Truco 4

Como debuxar un obxecto invisible? É dicir que non se vexa nada no escenario?

E non obstante, móvese!

Neste exercicio vaise simular o movemento dunha figura usando a orde por sempre. Cando se prema na figura debe moverse por todo o escenario

Tedes que escoller un obxecto da biblioteca que teña varios disfraces (vestimentas) e usar estes comandos:

Obxectivos

Realizar un programa  con estrutura iterativa en bucle

Usar os disfraces da figura para simular movemento

diagrama de fluxo de móvese
Obxecto Un obxecto da biblioteca con varios disfraces. Pódese personalizar Darlle unha posición inicial e unha dirección inicial
Escenario Un branco, con cor, debuxado, escollido da biblioteca,..
Para iniciar o programa ao premer nesta figura
Comandos ao usar para sempremoveir a x e yapuntar cara direccion rebotarseguinte vestimentafixar estilo de rotación

Se necesitas axuda preme aquí

(Sabes de onde ven a frase de e sen embargo móvese?)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0