Skip to Content

ESO

Presentación "O segredo da casa de Formoso" de H. Cajaraville

05/02/2018 16:00
05/02/2018 17:40
Etc/GMT+1

O pasado luns 5 de febreiro, o departamento de Lingua e Literatura Galega organizou no salón de actos a presentación do libro O segredo da casa de Formoso, do escritor Héctor Cajaraville. O acto estivo dirixido para o alumnado de 3º e 4º ESO, e foi presentado pola alumna Dafne Piñeiro.

Este escritor compostelán, xornalista de profesión, entrou na literatura galega pola porta grande coa súa novela De remate, coa que gañou o premio Xerais no 2015. Desde entón publicou en moi poucos meses seis novelas, que tamén recibiron premios literarios e o que é máis importante, unha moi boa acollida dos lectores e lectoras:

Quen dá a quenda?, finalista no Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

A caixiña dos rancores, premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.

Once portas, premio Ánxel Fole de Novela Curta 2016.

Denébola a Roxa, premio Meiga Moira de Novela Infantil e Xuvenil 2016.

O segredo da casa de Formoso, publicouse en abril de 2017 na colección Oqueleo de Obradoiro-Santillana. O autor falounos das ideas e experiencias persoais que inspiraron esa obra e tamén do seu proceso de creación.

Concerto "Las Lollipops" en Santiago de Compostela

24/01/2018 08:20
24/01/2018 16:00
Etc/GMT+1

O mércores 24 de xaneiro o alumnado de 2º e 3º ESO e 1º Bacharelato asistiu ao concerto de “Las Lollipops” en Santiago de Compostela. Este grupo está formado por tres voces femininas: Paula Romero, Marian Ledesma, Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero. Durante unha hora, con música en directo e dunha maneira moi divertida, explicaron os conceptos claves da música vocal e coral.

Esta actividade levouse a cabo polo departamento de Música, e o profesorado acompañante foi María José Guerra Castro e Alfredo Garrido Navas.

 

Primeira actividade da Semana da Ilustración

22/01/2018 08:20
22/01/2018 18:00
Etc/GMT+1

O pasado luns 22 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO foron a Vigo ao cine a ver a película de animación “Coco”. Esta actividade marcaba o inicio da SEMANA DA ILUSTRACIÓN.

Os departamentos implicados foron o de Lingua Castelá e o de Educación Física, completando este último a actividade cunha sesión de patinaxe sobre xeo na pista de patinaxe de Vigo. Posteriormente concluiuse con comida ao aire libre e paseo polo parque de Castrelos. 

Os profesores acompañantes foron: Juanra Torres, Denís Vicente, Santiago Rivas e Amalio Verd.

 

 

 

Felicidades a Amaya Vicente Pérez!

Parabéns a Amaya Vicente Pérez, alumna de 4º ESO A que foi galardoada recentemente coa bolsa Amancio Ortega.

O programa de bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a rapaces e rapazas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos e alumnas seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización, validación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Felicidades unha vez máis!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut