Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Rafting no río Miño

O luns 23 de novembro alumnado de 3º da ESO participou na actividade de rafting organizada polo Departamento de Educación física. Os alumnos disfrutaron dun día en contacto coa naturaleza e co río Miño no seu paso polo concello de Arbo.

Visita ao Grupo PSA Peugeot Citroën. Vigo

O pasado venres 20 de novembro alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do Ciclo Medio de Sistemas Informáticos asistiu a Vigo para coñecer a empresa Citroën.

Visita a Santiago: Chocomates e Galicia dixital

Alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato asistiu a distintas actividades en Santiago o pasado venres día 13 de novembro.


Pola mañá visitaron a exposición interactiva Galicia Dixital no monasterio de San Martín Pinario.


A tarde transcorreu na Facultade de matemáticas da USC cunha proposta de actividades baixo o lema  Chocomates: actuacións e obradoiros en torno ó método científico e as matemáticas aplicadas a vida cotiá. 


Máis información:

www.chocomates.org

 

Alumnado de música asiste o cine para ver "This is it!"

O mércores 11 de novembro alumnado da ESO e do Bacherelato de música asistiu o visionado da película de Michael Jackson "This is it!".

Os comentarios á volta foron todos positivos co que deducimos que e unha película moi recomendable.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut