Skip to Content

Orientación

Visítanos Marisa Sánchez da UIE

uie a sangriña

Hoxe visitou o noso centro Marisa Sánchez para presentarnos a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE). A poñente é Especialista da Área de Admisións, Experiencia de Estudante e Alumnos desta universidade.

A UIE é unha universidade privada que ten a súa sede institucional en Santiago de Compostela e conta con campus nas cidades de Vigo e A Coruña. A UIE promociónase destacando a súa metodoloxía e oferta formativas enfocadas á innovación, á empresa e á tecnoloxía. Un dos seus compromisos é que os seus estudantes poderán estudar desde onde queiran, ao seu ritmo, adquirindo todas as aptitudes para o seu éxito profesional e con experiencia laboral real.

 

Visítanos Laura Sáez da U-TAD

Laura Gámez Gallardo UTAD IES A Sangriña

Hoxe visitounos a profesora Laura Gámez Gallardo, profesora do U-tad (Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital).

U-tad está formada por un equipo de profesionais do sector cunha ampla experiencia nas áreas de Enxeñaría, Deseño, Animación e Videoxogos dende os anos 90, cunha recoñecida experiencia e unha traxectoria profesional de primeiro nivel. O enfoque do Centro Universitario, o deseño de plans de estudos, os proxectos universitarios, as relacións coa industria e a filosofía do centro están enfocados a formar profesionais competentes e diferenciais no mercado, que acheguen valor ás empresas e aos equipos nos que se atopan integrado. En definitiva, formamos profesionais con capacidade para engadir valor e coñecemento, e que teñan unha progresión profesional ao ritmo do sector.

Preséntannos o Grao de Enxeñaría Aeroespacial

Enxeñaría Aeronáutica IES A Sangriña

O departamento de Orientación organizou unha interesantísima charla co profesor axudante doutor da Universidade de Vigo Fernando Veiga López. O integrante do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente e docente das materias de Sistemas avanzados de navegación aérea e de Aviónica.

Fernando Veiga López é enxeñeiro aeronáutico pola Universidade Politécnica de Madrid e a TU Delft no ano 2016. Doutor en Mecánica de Fluídos pola Universidade Carlos III de Madrid no ano 2020. Premio extraordinario de doutoramento. Vinculado á Universidade de Vigo desde o ano 2023. Experto en combustibles renovables e operacións aeronáuticas en espazos urbanos. Autor de 15 artigos en revistas científicas de alto impacto e participante en 14 proxectos de investigación. Actualmente dirixe dúas teses de doutoramento.

Reunión do programa YAM - 3º de ESO

Programa YAM A SANGRIÑA

Tal como se anunciou na reunión de inicio de curso, o departamento de Orientación Educativa do IES A Sangriña realizará unha reunión informativa sobre o programa "YAM" (Youth Aware of Mental Health). Dito encontro celebrarase o vindeiro martes día 29 (ás 20:00).

O programa "Yam" pretende concienciar á mocidade da importancia da saúde mental e desenvolverase nos grupos de 3º de ESO do noso centro, baixo a tutela de persoal específico das Consellarías de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia.

Para participar neste proxecto, o alumnado precisará dunha autorización expresa do seu pai, nai ou representante legal.

Dada a importancia que este tipo de programa pode ter para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas, pregamos a asistencia de todas as familias á reunión inicial.

Distribuir contido


by Dr. Radut